Xa non tes escusa para non vir ao San Queremos, Segue as instruccións que aquí che indicamos e teralo chupado.
No centro de Galicia, máis ou menos
Vilantime e unha das 22 parroquias que compoñen o Concello de Arzúa, ten unha superficie de 7,72 Km2.

A sua situación e:

Latitude: 42º 52´.

Lonxitude: 8º 10´.

Estamos nunha das esquinas do concello, lindando co de Santiso, segundo están os planos da futura autovía Santiago de Compostela - Lugo esta pasará pola nosa parroquía, moi cerca ademáis da carballeira da Zarra do Monte donde se celebra o San Queremos, (menos mal que non nos levan por diante).

O enlace "Arzúa Sur" está previsto no lugar de San Miguel, a uns 2 km escasos da Zarra do Monte, así que cando a autovía estea rematada ata os de Madrid se poñerán aquí nun Pis Pas.

 

Pero bueno como xa sabemos, as obras do estado non e que sexan moi puntuáis pois dita autovía estaba prevista no plan "General de carreteras 2000-2007" e a estas alturas tan so teñen un trazado feito en papel, así que de momento temos que seguir pola estrada de sempre, o mellor e que te achegues ata Arzúa, no cruce que hai a altura dos Xulgados, cerca do Restaurante "Teodora"encontraraste o sinal que ves a esquerda, do outro lado do cruce hai un similar, aquí colleremos a estrada de Santiso.

 

A uns 500 metros e nunha longa recta en descenso encontraraste co sinal da imaxe.

Indícanos distintos establecementos de turismo rural e areas de esparcemento que te podes encontrar seguindo esta estrada, todos eles no veciño concello de Santiso.

O sinal e do proxecto "Leader - Portodemouros" subvencionado pola Union Europea, a nos debéronnos mandar un inglés a colocar dita sinal pois como podedes observar está no lado esquerdo da estrada, nos aquí de momento ainda circulamos pola dereita.

Recordarche que as imaxes co punto vermello podelas ver ampliadas clikando nelas.

 

Uns 550 metros máis abaixo encontraremos un novo cruce no que estes dous sináis nos indican diversos destinos, nada de desviarnos, nos direitiños coma unha vela.

A 900 metros do anterior cruce atoparémosnos este sinal, antes de cruzar o Rio Iso.
Seguimos nun continuo descenso, agora debemos ter coidado pois atoparemos unha zoa con curvas bastante perigosas, xa non e o primeiro que pasa lambendo o poste que se ve na foto xunto ao pino.

Si vas andando ou en bicicleta agora chega a hora de apretalo cú pois unha vez que pasas o Río Iso comenza unha costa arriba bastante pronunciada, despois de subir durante 1 Km chegarás ao San Miguel, a primeira aldea da nosa parroquia.

Ánimo que xa nos falta pouco.

Por certo, xusto por donde se ve o coche irá o enlace "Arzúa - Sur" da futura autovía "Santiago de Compostela - Lugo".

700 metros máis adiante e despois de dar unha curva a esquerda tamén un tanto perigosa encontraraste co sinal de benvida a parroquia de Vilantime, colocada de un xeito un tanto irregular.
Como xa dixemos antes a aldea do San Miguel e a primeira da parroquia de Vilantime, así que posta aquí non queda moi claro a donde pertenece esa xente, como se pode ver na foto está un tanto descolocada, pois parece darlle a benvida aos coellos e perdices que se pasean polo monte da cuneta de enfrente.
Seguidamente encontraraste unha longa recta na que despois de recorrer 800 metros atoparás (dende o ano 2004) a pancarta da dereita (cortesía de Toldos Gómez).
O día da festa atoparás un sinal como este pero coa frecha sinalando a dereita.
(Made in Carpintería Carril en Filgueira - Vilantime).
Uns metros máis adiante encontraráste co que ves a dereita e debes coller pola pista que sinala a frecha, cando fixemos a foto (ano 2002) o sinal de PELIGRO GRAVILLA SUELTA debíase a que para chegar a festa había que recorrer algo máis de 1 Km pola citada pista que se encontraba en un lamentable estado. Xa moito antes de existir o San Queremos o arranxo deste camiño era algo reclamado a berros pola veciñanza da parroquia de Vilantime.
Por fin a fináis do 2004 o concello de Arzúa e supoñendo por suposto a influencia do tirón da nosa festa decidiuse a arranxala así que a partires do 2005 o acceso o San Queremos será tal e como podes ver nas imaxes inferiores.

Cando encontres iste sinal, preparate para disfrutar pois xa estás no San Queremos, ben cerquiña da festa podes deixar o teu coche a sombra e sin pagar nin un peso. Eso si entra amodiño pois o pequeno descenso ata o aparcamento ten un piso bastante irregular, bandas sonoras naturáis podíamos decir.