A Festa máis tola e orixinal do mundo mundial

Dos campionatos que se disputan no San Queremos e o de Arrebolamento de Sacho o máis veterano (xunto co de Futbolín) pois son os dous que se levan celebrando dende o primeiro ano (1999).

Como con moitas das cousas relacionadas coa nosa festa que dende o primeiro ano se manteñen non temos moi claro a quen se lle ocurreu o campionato pois quizás non eramos conscientes de que todo isto chegara tan lonxe.

Demos co sacho por casualidade na palleira de Camiño, un apeiro que pese a que e evidente polo seu aspecto que os nosos ancestros lle deron un uso distinto o que nos lle damos agora (¿cantas leiras cavaría?) segue a ter unhas dimensións e un peso considerables.

31 Cm x 23 Cm como medidas máis longas, pesa 3500 gramos mango incluido e este ten unha medida de 89Cm.

O primeiro ano fixéranos Piñeiro un mango de carballo que aguantou dous anos pero na edición do 2001 durante un lanzamento este parteu, raudos e veloces fomos a ferretería de Cajide a buscar un novo para poder seguir o campionato, no primeiro lanzamento rompeu de novo, menos mal que foramos previsores e trouxeramos varios e como poidemos rematouse o concurso.

Estes avatares fixéronnos pasar pola cachola a idea de poñerñe un mango de ferro pero descartámolo pois pareceunos pouco enxebre, así que nas leis do campionato quedou per sécula in seculórum que o mango debe ser de madeira.

As regras do campionato son bastante sinxelas, o participante ten que arrebolar o sacho o máis lonxe posible, ten que agarralo coas duas máns e ainda que se permite o balanceo adiante e atrás non se poden dar voltas, no lanzamento o xogador non pode pisar nin pasar unha liña marcada no chan, o sacho non pode quedar fora de unhas cintas que delimitan o terreo de xogo pois de ser así o lanzamento será considerado nulo.

A medición farase donde o sacho quede parado definitivamente e na zoa donde o mango e o ferro se xuntan, faise unha vez que pare pois non e moi recomendable para o xuiz encargado de controlar o lanzamento andar metendo os fuciños antes de que o sacho chegue o chan.

Demostración da maneira de facer un lanzamento no Campionato Mundial de Arrebolamento de Sacho do San Queremos

O primeiro ano o campionato celebrouse dentro da carballeira pois en aquel ano 1999 choveu e fixemos unha carpa artesanal con plásticos de silo que fomos xuntando pola parroquia, as dificultades foron varias pois en múltiples ocasións o sacho daba nas polas dos carballos e a choiva fastidiaba un tanto a historía, finalmente todo saiu razoablemente ben e as raices do máis veterano e exitoso xogo do San Queremos estaban establecidas.

O campión foi Pablo Adán (Pablo de Rapela) de Pedrosa - Vilantime e o subcampión O Turista de Rendal - Arzúa, das marcas logradas non quedou constancia, ese primeiro ano non houbo campionato feminino.

No ano 2000 e sucesivos grazas o bon tempo que nos acompañou o campionato puidose celebrar nunha zoa próxima a carballeira que nos permite desenrolar o xogo mellor pois o espazo dispoñible e moito maior. Tanto do 2000 como do 2001 tampouco temos datos pois non gardamos os papeis donde se apuntaban os resultados do campionato, no 2001 empezouse a disputar a versión feminina do xogo.

No 2002 puxémosnos máis serios e xa empezamos a gardar os datos, ese ano participaron 30 Arreboladores no apartado masculino, o gañador foi Alfonso Vázquez (San Miguel - Vilantime) que acadou unha marca de 33 M. e 80 Cm.

En mulleres o número de participantes foi de 12, o trofeo levouno Adelina de Condes (Burres - Arzúa) con un lanzamento de 15 M. e 70 Cm. Ambas marcas foron consideradas como os primeiros récords mundiáis de Arrebolamento de Sacho.

Vº Campionato Mundial de Arrebolamento de Sacho (23 - 8 - 03)

No campionato do 2003 a participación no apartado masculino foi de 47 Arreboladores e de 33 en canto a mulleres.

Este foi ata o de agora o gran ano do Campionato Mundial de Arrebolamento de Sacho pois lográronse marcas moi boas, Suso Valiño de Figueiroa - Arzúa arrebolou o sacho a 36 M. e 00 Cm., marca que hoxe en día se mantén como récord do mundo, ese mesmo ano o segundo clasificado Juan Taboada (Pontelema - Lema - Arzúa) logrou unha distancia tamén considerable, 35 M. e 50 Cm.

En mulleres Adelina de Condés (Burres -Arzúa) bateu o récord que ela mesma establecera no 2002, superouno en medio metro, así o novo récord mundial quedaba en 16 M. e 20 Cm.

VIº Campionato Mundial de Arrebolamento de Sacho (21 - 8 - 2004)
Na primeira foto arrebolamento de Remedios González que con unha marca de 17 M. 70 Cm. establecía un novo récord mundial, a segunda corresponde o lanzamento de Suso de Figueiroa, actual recordman mundial (36 M. 00 Cm.) nesta ocasión quedouse moi lonxe pois arrebolou a unha distancia de 25 M. 90 Cm, na derradeira foto certo participante (Ovidio de Maroxo) polo chan, o sacho quedou a 21 M. 58 Cm.

No ano 2004 participaron 66 Arreboladores e 18 Arreboladoras.

No que a marcas se refire decir que no campionato masculino quedouse moi lonxe das distancias acadadas no 2003, o gañador foi Manuel Rebolo de Langreo na veciña terra de Asturies o seu lanzamento quedouse en 29 M. 78 Cm. Este foi o primeiro e único gañador ata polo de agora de fora de Galiza , o segundo clasificado foi Luis de López de Pedrosa - Vilantime, con un lanzamento que se quedou a pouco mais de un metro do de Manuel Rebolo.

No apartado feminino os resultados foron espectaculares pois as tres primeiras clasificadas superaron o récord mundial que Adelina de Condes deixara no 2003 en 16 M. e 20 Cm. A gañadora foi Remedios González de O San Miguel - Vilantime que marcou un novo récord de 17 M. 70 Cm. A segunda clasificada fixo 17 M. 08 Cm. e 16 M. 23 Cm. a terceira.

VIIº Campionato Mundial de Arrebolamento de Sacho (20 - 8 - 2005)
FOTO
PARTICIPANTE
MARCA
1
Helena de Quinteiro. (Sestao - Euskadi).
13 M. 19 Cm.
2
Marita do Brocheiro. (Barros - Vilantime).
10 M. 55 Cm.
3
Maruja de Rapela. (Pedrosa - Vilantime).
10 M. 87 Cm.
4
Carmen de Jesuso. (Barros - Vilantime).
14 M. 11 Cm.

No ano 2005 participaron 60 homes e 27 mulleres.

No caso das mulleres a gañadora foi Dolores Rio (Lola do Ferreiro) de Pedrosa - Vilantime con un arrebolamento de 17 M. 55 Cm. Lola quedouse a 15 cm do récord mundial que Remedios Gonzalez de San Miguel - Vilantime deixou no ano 2004 en 17 M. 70 Cm. Remedios este ano foi a segunda a 85 cm da gañadora.

FOTO
PARTICIPANTE
MARCA
1
Carlos Carril. (Filgueira - Vilantime - Arzúa).
26 M. 06 Cm.
2
Pablo Adán. (Pablo de Rapela). (Pedrosa - Vilantime).
22 M. 58 Cm.
3
Manolo de Piñeiro. (Visantoña - Santiso).
19 M. 62 Cm.
4
Juán Mouriño. (Arzúa).
31 M. 28 Cm.

No tocante o campionato masculino non se lograron grandes marcas, so o gañador superou a distancia dos 30 metros, Juan Mouriño de Arzúa fíxose co Campionato Mundial de Arrebolamento de Sacho 2005 con un lanzamento de 31 M. 28 Cm. Destacar o frouxo lanzamento de Suso Valiño o recordman mundial pois nesta ocasión tan so mandou o sacho a 23 metros 08 centímetros, a nada menos que 13 metros do seu récord.

Curiosamente a foto nº 4 corresponde co momento do arrebolmento do gañador 2005, o motivo da sua mala calidade e que esta sacada directamente do xornal La Voz de Galicia, Alberto Mahía xornalista do mencionado diario sacou un estupendo artículo sobre a festa que saiu publicado o domingo 21 de agosto.

O curioso de toda esta esta historia e que a mencionada foto foi a escollida para figurar na portada e foi posta si saber que o protagonista da foto era o gañador, xa e casualidade que de 60 posibles arreboladores foran a dar co gañador, cousas do azar.

Podes ver a reportaxe o completo premendo no botón IR A de máis abaixo.

Artigo de Alberto Mahía, periodista de La Voz de Galicia sobre o San Queremos 2005
Como nota final decir que a comparativa da xente presente nas distintas edicións do campionato e un bon testemuño de como foi medrando a nosa festa.