Capítulo 1
13º aniversario da cervexería "O 13" (Melide - A Coruña) - Venres - 14 - 11 - 2003

Con bastante retraso pero como o prometido e débeda aquí estamos nos coa reportaxe fotográfica do 13º aniversario da cervexería O 13 .

Imos a dividir a reportaxe en duas partes, nesta podes ver as fotos nas que aparecemos a xente que formamos parte da comisón do San Queremos e unha segunda na que aparte de nos sae xente que tamén se sumou o festexo.

Dita cervexería está situada na vila de Melide (Avda. Martín Freire , 17), e un dos locáis que máis colabora co San Queremos

O día o que nos referimos celebrábase o 13º aniversario dende que dito local pasou a mans de Iván, dicir que O 13 e moito máis antigo, pola sua barra xa pasaron varias xeracións , según nos comentaron abreu alo polo ano 1983, para tan especial ocasión a Ivan ocurríuselle que a todo aquel que pagase a primeira consumición estaría invitado toda a noite, estábamos na gloria !!!

A idea era que se mercaba o vaso e despois de pagar a primeira consumición e mentras non o perderas tiñas a cervexa ou o Kalimotxo de valde que quixeras, nos como de costume quixemos dar a nota e aparecemos co noso propio vaso, so de litro e medio, tampouco queríamos pasarnos.

Iván, o xefe atendendo o cliente
Empezaba a dura xornada, iamos pola primeira
Nazario motivado
O 13 e un dos poucos locais de Melide que pon musica rock tirando a duro, Heavy, Punk etc, ainda que a Iván de vez encando dalle a vea sentimental e pincha o que menos te esperes, (xa non e a primeira vez que soa a pesada de Chenoa).
As duas primeiras foron cagando leites, nin tempo a facer a foto tivemos
Por suposto que se había que axudar con outras, nos máis que voluntarios
Ata de músicos fixemos, ainda que algúns dábanse máis maña que outros
Aqui xa era o momento de ir apuntado a hora
Quedaban moitos barriles por chimpar
Cando había que cambiar de pipote, nos mans a obra
A imaxe non precisa comentario
En O 13 podes elixir entre 56 marcas de cervexa distintas, nos xa probamos cáseque todas pero donde estea a nosa benquerida Estrella Galicia que se quiten as demáis, durante un tempo Iván torturounos metendo Mahou pero menos mal que volveu o rego e xa volve a estar connosco a nosa rubia preferida.
Eran as 3:10, caera a 5ª
Chegaban os momentos tiernos da noite
Xa fai tempo que non fai ningún concerto pero por O 13 teñen pasado boas bandas de rock, xente como The Kambotes, Inspector Clouseau, TNT, Gracias a nada ou Mestizaxe.
Ainda que en un principio estaba prevista a actuación do grupo Kontrabando estes finalmente non apareceron o que si estivo foi Manuel coa sua gaita, ampliando a foto 1 podes ver o cartel o detalle, na seguinte o noso "recipiente" preferido en vista panorámica.

Eran as 3:53 e empezábamos o cacharro número7 , Nani o dono do Pub Gatos tamén en Melide (outro local mítico), botábanos unha man, este colega que como ven podedes ver levaba a camiseta do San Queremos 2003 xa e como da familia, así que ben merece aparecer en esta parte do reportaxe.

A partir de aquí a cámara dixo que non facía máis fotos e o carallo polo que nos dedicámos en corpo e alma a disfrutar da efeméride que O 13 nos levara, como acabamos e cantos vasos caeron o remate da festa nin nos somos capaces de lembrar pero por suposto que unha vez máis a xente do San Queremos deixou o seu pabellón nun posto máis que meritorio.

Podes ver máis na segunda parte do reportaxe, entra no botón do principio (Aniversario II).