San Caralampio 2003 - Melide - (A Coruña) - Domingo 14 de Setembro
Esta e unha pequena reportaxe do que foi o paso da comisión de festas do San Queremos polo San Caralampio 2003
.Para todos aqueles que non sabedes que e o San Caralampio decirvos que e para nos a mellor festa que se celebra na vila de Melide, e o segundo domingo de Setembro. O San Caralampio e o patrón dos borrachos e como podedes observar o viño corre a litros, mais ben a olas (1 ola = 16 litros).
Coas tres fotos de aquí abaixo queda demostrado que Valente tamén estaba, para quen non o coñeza decir que Valente e o tipo que leva a bolsa do viño na man e a pañoleta verde a xeito de muñequeira.
Un dito di: Nunca lle des a espalda o enemigo, ten toda a razón pois valéirache o saco máis que rápido. Na seguinte imaxe, un aspecto xeral do festexo. No San Caralampio teñen a costume de traer a orquestra máis barata que dan atopado, correuse a voz de que tocaron toda a noite en Play-Back, a verdade foi que o noso lamentable estado non nos permitiu decatarnos de dito feito, do que si poidemos dar fe e de que a moza que cantaba non che tiña duda ningunha.