San Caralampio 2007 - Melide - (A Coruña) - Domingo 9 de Setembro
Principios de setembro, remata o verán, marchan os turistas, en definitiva: acábase o bon. Pois non, queda o golpe definitivo xa que o segundo domingo do mes nove e o San Caralampio patrón dos borrachos, festa con múltiples encantos que ten como zona cero as ruas dos viños da vila de Melide.
Os elementos desplazados por parte do San Queremos a festa foron bastante menos que no 2006 pero ainda así o pabellón da peña de Vilantime quedou ben alto. Despois dos vermús de rigor e de meterlle uns cachelos con pementos que a organización ofrece de balde na Praza das Coles acudimos a pulpería A Jarnacha para xantar e ainda que pola foto o poida parecer non estabamos na igrexa, este santo non vos e moito de misas.
Parte da tropa
A tropa o completo
Hora de xantar, pulpería A Jarnacha
Despois de xantar voltamos de novo a zona dos viños, a esas horas o cheo e as cheas eran totáis, a charanga Os Amigos de Visantoña e algún que outro músico espontaneo animaba o cotarro.
Distintas vistas das rúas dos viños, un ano máis a tope
Tres de taberneiros, que sería de nos sin eles
Camiseta da peña de Boente
Con Soqui Cea nova alcaldesa de Melide
Sobre as sete da tarde chegaba un dos momentos máis esperados da xornada, repetindo por segundo ano consecutivo no Caralampio saltaba a escena a Festicultores Troupe e o seu concerto motocultorizado de música balcánica. O ano pasado actuaron no chan pero neste 2007 tal e como xa fixeran na Festa dos Botes de Arzúa levaban a modo de escenario móvil un motocultor con remolque co que se foron desplazando polas distintas ruas da zona vella melidá.
Acompañados a trompa polo imcomparable, imconmensurable e indispensable Riki fixéronnos bailar coma posesos ao ritmo de temas xa míticos da sua discografía tales como A Kabra Macabra, Himno ou Bellaciao.
"Mágico" Ricardo López, alias Riki & Festicultores Troupe
Chimpín Festicultor
APOTEÓSICO !!!!!

Como remate de festa a comisión tíñanos preparada a sua clásica verbena con orquestra de escaso caché, abofé que si o seu coste era proporcional o ben que o facían acertaron de pleno con ela; mi madriña !!! Aquelo era insoportable, o que esto escribe retirouse o pouco de comenzala romaría pois o que alí entraba polas orellas faría aumentar moito os efectos da xa de por si segura dor de cabeza do día seguinte.

Disque unha retirada a tempo e un trunfo, dita orquestra levaba por nome Costamar.

SIN COMENTARIOS
En fin que un ano máis o Caralampio cumpliu cáseque tódalas expectativas, pedirvos desculpas pola mala calidade das imaxes tiven que darlles moito Photoshop, a cámara iba a proba e non sacou unha nota moi alta que digamos. Se nunca fuches o Caralampio non sabes o que te estás perdendo e si estiveches xa sabes o que hai.