San Caralampio 2008 - Melide - (A Coruña) - Domingo 14 de Setembro
Como cada segundo domingo de setembro centos de devotos acuden a sua gran cita co San Caralampio, patrón dos borrachos, bébedos ou embriajados, a zona dos viños de Melide convértese no sitio de Galiza con máis "capillas" por metro cadrado, os fieles devotos non deixan ningunha sen visitar.
Segundo contan San Caralampio foi un mártir grego que elixiu morrer afogado nunha barrica de viño. Pasaron sesenta e dous anos dende que o doutor compostelano Alberte Lafuente conxuntamente con xentes de Melide organizaran a primeira edición.
A romaxe mudou en moitos aspectos e para moitos perdeu parte dos seus encantos ainda así tanto para os melidenses como para outros tantos de fora e a festa máis agardada do ano.
Os comentarios anteriores foron sacados do Blog de Riki, nel trátanse infinidade de temas entre os que non falta por suposto o San Caralampio, esta e a sua dirección:
Ten tamén un fotoblog dedicado en exclusiva o Santo Patrón, este e o enlace:
San Caralampio 2008, un feixe de devotos na honra o Santo Patrón
A verdade e que este ano a cantidade de devotos asistentes o Santo Patrón por parte do San Queremos veuse mermada de xeito máis que notable, eso si os que acudimos cumplimos estrictamente cos preceptos que o festexo require, como por exemplo e ir a taberna de Peón a bailar a Muñeira de Chantada ou aquela que dí "Arrepipi arrepipi esto si que e josare, o subire e o baixare ... cartos na caixa de aforros".
Parte da tropa
A outra parte da tropa
A tropa o completo
Especial camisetas do San Queremos no San Caralampio
E tradición que cada peña diseñe unha camiseta especial para a ocasión, hainas de mil tipos e cores ainda que moitos leván a que a comisión pon a venta. Os do San Queremos dende fai varios anos levámos as da nosa festa e non somos os únicos, aquí tes unha mostra de outros festeiros que vestian a casaca da nosa festa, atopámolas deste ano, do 2007 e do 2006.
A charanga Os Amigos de Visantoña (de grato recordo para os do San Queremos pois foi a sua música a que nos acompañou naquela xa lonxana 1ª edición da nosa festa en 1999) son uns fixos do Caralampio. A media tarde percorren a zona dos viños enchendo as rúas de moita festa coas suas músicas, nunha destas fixemos unha proba para ver si o noso futuro estaba na farándula, o resultado foi máis ben negativo.
Candidatos a charangueros, proba non superada
Atopamos a un vello amigo, o Sr. Ramón foi membro dos míticos gaiteiros Irmáns Garceiras, os seus 82 anos non deixa de dar unha volta polo San Caralampio, aparte de cos Garceiras tocou tamén con outros gaiteiros de nome ben curioso.
Chamábanse Lolo y sus muchachos, coñecida é a anécdota de que tocando unha vez en Furelos, só quedou en pé o propio Ramón, que era o da caixa, Lolo e o resto dos muchachos caeran coma paus namentras tocaban debido a enchenta alcoholica.
Ramón contounos un feixe de historias, o home e do máis simpático cando sexa grande xa sei a quen quero parecerme.
Ramón no 2006 (Foto 1), neste 2008 na Foto 2. Na 3 Mari, Paula e Ruth seica camareiras do Hangar, digo eu que haberá que ir por alí máis a miudo
A eso das 9 da noite entraba en escena a música de The Turre´s Band, formación chegada dende Mos (Pontevedra) que nos fixo bailar a todos co seu variado repertorio. Gustaron especialmente as suas versións de bandas sonoras de coñecidas series de televisión, expectacular a de El Equipo A, como non podía ser de outro xeito alí estaba o todoterreno Riki acompañandos coa trompa e animando o personal, este enlace levate a sua interesante pero pouco actualizada Web.
Como remate de festa a comisión tíñanos preparada a sua clásica verbena con orquestra de escaso caché, M3 era o seu nome, curiosamente formada por 6 compoñentes, 3 cantantes, 2 teclados e 1 batería todas mulleres. Sorprenderon gratamente os asistentes, na miña modesta opinión a mellor dos derradeiros anos no Caralampio.
The Turre´s Band & Riki López, combinación perfecta - M 3 orquestra poñendo broche de ouro o Caralampio 2008
SIN COMENTARIOS
En fin que un ano máis o San Caralampio cumpliu cáseque tódalas expectativas. Se nunca fuches non sabes o que te estás perdendo e si xa estiveches xa so nos falta un ano para que volva.