SAN CARALAMPIO 2011 - (O Santo Patrón II) - Melide - Domingo 11 de Setembro
Despois de moitos anos so con molladura por dentro este ano o Caralampio veu tamén mollado por fora pero tratándose do outro Santo Patrón pouco importa, se hai que mollarse, móllase. Como xa e habitual nestes derradeiros anos a tropa do San Queremos veuse reducida a dous elementos, eso si o pabellón intentamos deixalo ben alto.
Pese o mal tempo tal e como amosan as fotos de arriba a cousa estivo do máis animada, foi con diferenza o mellor ano en canto os desmadres que últimamente tiñan a esta festa un tanto cuestionada, este ano e con un pouco de sorte un podía conservar a camiseta intacta, nos anteriores era practicamente imposible non acabar completamente empapado en viño ou o que era ainda peor en auga.
Outros festeiros con camisetas do San Queremos.
Cos/as taberneiros/as hai levarse ben. Con Ricardo López (alias Riki), outro gran colega, sin el o Caralampio non sería o mesmo.
Na terceira foto o Rafa e un dos seus puchos de San Caralampio.
Pola noite e como de costume ante unha Praza das Coles abarrotada verbena con orquestra de baixo caché e con moitas mulleres (tan só o batería era de sexo masculino). Pensei que Barullo sería incapaz de superar o do ano pasado pero que equivocadiño estaba.
Póñanlle (ou intenten poñerlle) vostedes música as fotos de máis arriba e faranse unha idea do gran expectáculo que nos ofreceu a ¿orquestra? (de cuio nome non quero acordarme) do Caralampio deste ano.
Ala, que xa so falta un ano para que volva.
VÉMONOS NO CARALAMPIO 2012