Estas duas agrupacións
poderiámolas definir como a tradicional charanga pero
adaptadas os tempos actuáis, ambolos dous grupos ofreceron
un divertido e potente expectáculo.
Por tradición contratan
a orquestra máis barata que atopan pero xa sabemos como
está hoxe en día o mundo das orquestras en Galiza,
por moi pequenas que estas sexan cáseque todas levan
uns enormes escenarios móviles. Ata este ano a verbena
celebrábase nun palco dos de toda a vida que a comisión
poñía na Praza das Coles pero cando a orquestra
chegou co seu flamante escenario de non sei cantos metros cadrados
este non pasaba polas estreitas rúas que dan a mencionada
praza polo que tivo que ser instalado na Praza do Convento,
lugar doadamente recoñecible para os seguidores da serie
Libro de Familia que emite a Televisión de
Galicia os domingos pola noite pois este e o escenario central
de dita serie.
O cambio da Praza das
Coles á outra un pouco máis separada da zoa
dos viños como e a do Convento xunto co feito
de pasar dun palco a un escenario moito máis grande fixo
que se perdera esa proximidade e colegueo que outros anos había
entre a xente e os músicos polo que o ambiente durante
a verbena resultou un tanto frío e raro respecto a outros
anos.
Pese a todo esto facemos
noso o o lema co que a xente de Melide denomina o Caralampio:
A NOSA FESTA. Se xa estiveches nela en algunha ocasión
xa sabes o ben que alí se pasa, se ainda nunca fuches
non sabes o que te perdes.