A festa máis tola e orixinal do mundo mundial
Nota: O punto vermello nas imaxes indica que estas se poden ver ampliadas dandolles un click.
Dalle o botón Ir a para ver o resto de fotos da edición 2007 do San Queremos .
Gañadores nos xogos do San Queremos 2007
Aquí mostrámosche gran parte dos gañadores dos distintos xogos e campionatos disputados na edición 2007 do San Queremos.
Na primeira foto vemos o lanzamento gañador da edición 2007 do Campionato Mundial de Arrebolamento de Sacho, Carlos Carril de Filgueira - Vilantime acadou unha marca de 31 M. 20 Cm. Carlos recolle o trofeo (foto 2). A terceira corresponde o arrebolamento do segundo clasificado, Oscar Regueiro (Chispas) de Baltar - Melide que chegou ata os 30 M. 23 Cm.
Foto 1. Daniel Mato (O Valenciano) de Visantoña - Santiso, foi o terceiro clasificado; 27 M. 20 Cm. Foto 2. Alfonso Vázquez de San Miguel - Vilantime, quinto clasificado; 25 M. 51 Cm. Fotos 3 e 4. Arrebolamento e posterior entrega de medalla o clasificado en sexto lugar, Alberto Gómez (Alberto de Curros) do Volteiro - Vilantime, a sua marca foi de 24 M. 94 Cm.
Foto 1. Sandra Porto de Pardiñas - Guitiriz - Lugo, campiona mudial de Arrebolamento de Sacho 2007; 16 M. 15 Cm. Na Foto 2 Pilita de López de Pedrosa - Vilantime , subcampiona; 15 M. 22 Cm. A terceira corresponde o arrebolamento de Helena de Quinteiro de Sestao - Euskadi, Helena alcanzou o terceiro posto chegando os 14 M. 70 Cm..Na cuarta vemos a Laura Varela de Toiriz - Vila de Cruces - Pontevedra, quinta clasificada con unha marca de 13 M. 31 Cm.
Na primeira foto vemos a Carlos Carril e Alberto Gómez (Alberto de Curros), ambos de Vilantime, das aldeas de Filgueira e Volteiro respectivamente, gañadores da edición 2007 do Campionato Mundial de Tiro de Carro, o seu tempo foi de 6 Seg. 12 Cent. Tal e como mostra a foto 2 entregáronselle dous trofeos, un deles correspondente o novo récord do mundo ainda que so vixente por este ano, os motivos desto están convenientemente explicados na sección XOGOS.
O subcampionato foi para os integrantes da Tropa Asalto a Barra; Diego Pallares e David Rodríguez chegados ambos dende Vila de Cruces na provincia de Pontevedra, a sua marca foi de 7 Seg. 16 Cent. Vémolos en acción na foto 3 e recollendo o trofeo na foto 4.
Pablo de Rapela de Pedrosa - Vilantime e Juán Mouriño de Arzúa foron os terceiros clasificados, o seu tempo foi de 7 Seg. 42 Cent. En competición na foto 1 e recollendo sua medalla na foto 2.
Na foto 3 vemos en acción a parella clasificada en cuarto lugar; David López e Suso Núñez, ámbolos dous de Filgueira - Vilantime, o seu tempo foi de 7 Seg. 85 Cent. A participación de Os cuñados; José M. Amboage de Pela - Vilantime e José M. Iglesias de Ribadulla - Santiso con unha marca de 8 Seg. 71 Cent. deixounos de octavos na clasificación xeral (foto 4).
Fotos 1 e 2. José Manuel Rey de Viladavil - Arzúa e Cruz Mata de A Coruña cidade, campións do mundo 2007 en Tiro de Carro modalidade Feminina/Mixta con un tempo de 9 Seg. 21 Cent.

Na foto 3 Sonia García de Pumariño - A Castañeda e Rosa López de Arzúa en competición, lograron unha marca de 10 Seg. 81 Cent. Ainda que Rosa e Sonia quedaron en cuarto lugar entregóuselles o trofeo que as acredita como novas posuidoras do Récord Mundial de Tiro de Carro (foto 4) xa que a tal efecto so computan as parellas nas que ambas participantes sexan de sexo feminino.

Rebaixaron a lograda no 2005 en algo máis de 2 segundos, debido a un erro cometido pola organización na medida da distancia do campo de tiro o seu récord so estará vixente por este ano, a partir do 2008 o oficial volverá a ser de 12 Seg. 93 Cent.

A parella subcampiona foi a formada por Suso Núñez e Andrea Núñez da aldea de Filgueira en Vilantime, pai e filla respectivamente, o tempo empregado nos 20 metros do percorrido foi de 9 Seg. 54 Cent. (Fotos 1 e 2).
Na foto 3 vemos en acción os terceiros clasificados, Emilio Villar e Sandra Porto chegados dende a vila lucense de Pardiñas, concello de Guitiriz. Fixeron un tempo de 9 Seg. 86 Cent. Na derradeira foto a parella clasificada en 5º lugar; Laura Varela e Paula Asorey de Toiriz e Loño, parroquias do concello pontevedres de Vila de Cruces a sua marca foi de 11 Seg. 03 Cent.
Tanto as Carreiras de Sacos como o Campionato de Futbolín tiveron un principal protagonista, este foi Noel Alonso, dono da parrillada Os Casqueiros en Arzúa. Na foto 1 vémolo encabezando a carreira, na mesma foto aparece un dos elementos da Tropa Asalto a Barra chegado dende Vila de Cruces a voltas polo chan da carballeira da Zarra do Monte.
Noel gañou a carreira d@s maiores de dezaseis anos e tamén quedou no primeiro posto do Campionato de Futbolín formando parella con David Casanova de Santa María de Arzúa (levantando os seus trofeos na foto 3). Na foto 2 Noel e a sua muller posan cos trofeos logrados xunto o Santo Patrón.
Os subcampións do Torneo de Futbolín foron Carlos Amboage e Ovidio Balado ambos da cidade de A Coruña (foto 4).
A parella gañadora do Campionato de Baile 2007 foi a formada por Daniel Roibás e a sua muller Mª Teresa chegados o San Queremos dende as veciñas terras de Visantoña. O xurado non o tivo nada doado pois a competencia era dura, na foto 1 vemos a parella gañadora en plena faena, trás eles o comisario verificador oficial do concurso, Alén chegado dende Vila de Cruces fixo unha adaptación perfecta do mundo dos rallys o noso concurso de baile; im-presionante. Foto 2, os gañadores cos seus xustos trofeos.
Os subcampións tamén chegaron dende Visantoña, neste caso da aldea de Balocás; Carmen Curros e Manuel Pedreira recollen o seus trofeos (foto 3). A parella clasificada en terceiro lugar estaba formada por duas mulleres; Sandra Salgueiro da aldea de Ribadiso parroquia de Rendal xunto con Helena Vázquez de San Miguel - Vilantime. Na foto 4, entrega de medallas.
O cuarto posto foi para Rocío da parroquia de Burres, concello de Arzúa e Laura da parroquia de Belmil, concello de Santiso (foto 1).
O quinto lugar era para a parella formada por Luis de Casal de Volteiro - Vilantime e Chus Vázquez de Boimorto (foto 2).
Os sextos clasificados no baile foron Laura Varela e Javier dos Viños parella chegada dende as. pontevedresas terras de Vila de Cruces (foto 3).