A festa máis tola e orixinal do mundo mundial
Ano 2002
Ano 2003
Ano 2004
Ano 2005
Ano 2007
Ano 2008
Ano 2009
Este ano o día escollido foi o sábado 19 de agosto, a historia do San Queremos 2006 empezou marcada polos impresionantes chaparróns de choiva que caeron sobre a carballeira da Zarra do Monte tanto na tarde do venres como na madrugada do sábado.
Estivemos ata preto das seis da mañá desaloxando os incontables litros de auga que se iban acumulando sobre as lonas que puxemos para intentar protexer o campo da festa.
O noso Pemán particular e a pesar do mal que pintaba indicábamos que o tempo para o día da festa iba a estar medianamente decente, e non nos fallou, ainda que a primeira hora os ceos estaban bastante cubertos pouco a pouco estes fóronse despexando e o negro panorama do día anterior deu paso a un San Queremos 2006 do máis que aceptable metereoloxicamente falando.
A choiva caida tivo a sua parte positiva pois evitou que se levantara a molesta polveira que xa nos deu os seus problemas algún ano que outro.
Co tema do tempo máis ou menos resolto agora o problema que tiñamos encima era que había que montar na mañá do sábado todo o que normalmente se facía o día anterior, puxémosnos máns a obra e a hora do vermú cada cousa estaba máis ou menos no seu sitio.
A cor escollida para as camisetas do 2006 foi a verde mazá, do debuxo encargouse un ano máis o amigo Emilio de Melide, este facía referencia o VIII ª edición do Campionato Mundial de Arrebolamento de Sacho a disputar neste 2006.
Emilio inspirouse nunca das fotos feitas por Álvaro Ballesteros para ilustrar a reportaxe que sobre o San Queremos 2005 escribeu Alberto Mahía no xornal La Voz de Galicia.
O debuxo ainda que bastante sinxelo quedou do máis resultón, tal e como se pode ver na imaxe da esquerda, na parte dianteira puxemos a cabeceira do cartel lixeiramente modificada.
Para complementar a indumentaria oficial do San Queremos este ano innovamos, as chamativas viseras vermellas que se ven nas distintas fotos foron o elemento escollido.
Orixinal feito por Emilio
Camiseta de espaldas
Camiseta parte dianteira
Un ano máis os festeiros comprometéronse coa festa, en moi pouco tempo vendéronse tódalas camisetas dispoñibles e moita xente quedouse sin ela, e de agradecer este apoio pois a venda de camisetas e unha peza fundamental no finanzamento da romaría.
A mañán pasounos máis que rápido e cando nos demos conta xa estábamos na hora do vermú, o previsto era que no medio da actuación do dúo Marema chegara a gran novidade do 2006, as 14:15:16 era a hora da presentación en sociedade do Santo Patrón e do himno oficial adoptado do San Queremos.
Pero unha vez máis a choiva do día anterior fixo que os pláns mudaran e por falta de tempo o acto limitouse a colocar o San Queremos no seu particular pedestal e pouco máis.
A imaxe de San Queremos e unha peza de pedra, (bueno, máis ben duas pois o sombreiro e de quita e pon), mide 1 metro e 12 centímetros de alto (1 M. 8 Cm. sen sombreiro) e anda polos 112 kilogramos de peso.
Santo Patrón e trofeos 2006
A figura representa a… Bueno como todos sabemos unha imaxe vale máis ca mil palabras así que a vista do noso Santo Patrón que cada un saque as suas propias conclusións, eso si como todo bon Santo Patrón esperamos que algún día (máis cedo ca tarde) este faga algún milagre.
O San Queremos e obra de Ramón Villar, un artesano da pedra que fai auténticas virguerías con este material, ten o seu taller na vila de Guitiriz, máis concretamente na parroquia de Pardiñas, archicoñecida polo seu festival de música folk, está casado con unha veciña de Vilantime, filla de Estanilao do Volteiro, Ramón e asiduo do San Queremos dende fai anos. Ainda non sabemos moi ben como chegamos a conclusión de que tiñamos que ter un Santo Patrón.
Nos plantexámosllo e a el pereceulle unha boa idea, en pouco máis dun ano o noso Santo Patrón xa era unha realidade e neste 2006 o San Queremos foi presentado publicamente.
Acompañando o Santo Patrón presentouse o que a partires do 2006 pasará a ser o Himno Oficial Adoptado do San Queremos, oficial dende este ano por que oficioso xa o levaba sendo moito tempo e adoptado porque a canción non foi feita exclusivamente para nos pois xa e bastante antiga.
A peza en cuestión e Cantiga para unha Antroidada, tema popular ó que Xosé Luis Rivas (Mini) lle recompuxo a letra e a música cando era membro de Fuxan os Ventos, foi publicada aló polo ano 1979 no disco máis exitoso dos Fuxan, A Sementeira era o seu título.
¿Por qué esta canción o himno do San Queremos? Pois por que dende tempos immemoriáis en calquera reunión festeira da pillería da parroquia non pode faltar o cántico repetido do retrouso da cantiga que dí: Se non tedes sachos/ traguémolos nos/ arados de ferro e carros con bois, este adaptase a perfección a nosa festa tanto polo carro como polo sacho así que nos veu como anel o dedo.
Fai tres anos no San Caralampio de Melide descubrimos que a tan tarareada canción tiña dono e que ademais estaba moi preto (Mini e concelleiro de cultura do veciño Boimorto). Puxémosnos en contacto con el para saber si o podíamos usar como himno e non nos puxo ningunha pega, así que dende ese momento así o fixemos.
Aproveitamos a ocasión para facer as bonitas estampiñas que aquí o lado che mostramos co Santo Patrón por unha parte e co himno pola outra. Podes amplialas e así poder ver a letra enteira do Himno Oficial Adoptado do San Queremos.

Despois das boas bailas da sesión vermú os romeiros fóronse acomodando nas distintas mesas instaladas a sombra dos carballos, tocaba repoñer forzas pois había que estar en plenas facultades para a disputa do VIIIº Campionato Mundial de Arrebolamento de Sacho.

Este daba comenzo máis ou menos as 5 da tarde.

No apartado masculino a participación foi idéntica a do 2005, 60 Arreboladores, rexistráronse 8 nulos, as marcas foron inferiores as do ano pasado, gañou Daniel García da parroquia de Loxo no concello de Touro, o seu lanzamento chegou ós 27 metros e 79 centímetros, a 3 M. e 49 Cm. do gañador do 2005, moi lonxe do récord mundial establecido no 2003 por Suso Valiño (Figueiroa - Arzúa) en 36 M. 00 Cm.

A primeira foto corresponde o lanzamento de Javier Bertoa de Arteixo (A Coruña) foi o 6º clasificado (23 M. 74 Cm.). Javier foi o subcampión no 2005, ese ano mandou o sacho a 28 M. 88 Cm. A segunda ó lanzamento de Marcos Vergès, as caras do público indican lanzamento nulo, na terceira os xuices tomando medidas.
En canto a mulleres a participación foi a máis alta da historia con 31 Arreboladoras, deuse un único nulo, curiosamente o de Remedios González de San Miguel (Vilantime), posuidora do récord mundial (17 M. 70 Cm).
A campiona foi Maribel López Mosquera de Sendelle (Boimorto) con unha marca de 15 metros e 95 centímetros, a 1 M. e 60 Cm. de Dolores Rio, gañadora do 2005, Dolores nesta ocasión fixo un discreto lanzamento de 8 M. e 70 Cm.
Na primeira foto podemos ver o arrebolamento de Remedios Gonzalez, Recorwoman Mundial, foi único nulo do 2006. Sacho nos aires da Zarra do Monte na segunda imaxe. Marita Iglesias de Barros (Vilantime) en escena na terceira foto (11 M. 04 Cm.).
Coa pausa necesaria so para a entrega dos trofeos do Sacho pasamos o seguinte Campionato Mundial.
Na modalidade masculina do Tiro de Carro participaron 14 parellas, marcas algo inferiores as do ano pasado, e posible que contribuise a elo o feito de que o carro estivese exposto os grandes chaparróns de auga que caeron o venres pola tarde e a madrugada do sábado.
Os gañadores foron Carlos Carril e Alberto de Curros (os dous de Vilantime) quedáronse a 45 centésimas do récord mundial establecido no 2005 en 7 segundos e 87 centésimas.
Carlos Carril e Alberto de Curros, Campións Mundiais de Tiro de Carro 2006 (foto 1). Na foto 2 a parella clasificada en 3º lugar; Andrés Vahamonde e Armando Carril (Fandiño) ambolos dous da vila de Arzúa, a sua marca quedou nos 9 segundos e 66 centésimas.
Este ano decidimos incluir as parellas mixtas no apartado feminino, (o ano pasado competiron no masculino) debido a escasa inscripción de parellas de féminas coas que contabamos, as parellas mixtas coparon as primeiras posicións, a destacar a participación da familia Villar de Pardiñas pois catro das seis parellas competidoras foron deste clan, superparticipativo en moitos dos xogos do San Queremos.
Algunha das participantes (Sandra Porto e Mercedes Villar) tiraron en duas ocasións, eso si, cambiando de parella. O récord mundial está establecido en 12 segundos e 93 centésimas, foi logrado no 2005.
Os gañadores deste 2006 foron Sandra Salgueiro de Ribadiso (Rendal) e Juan da Pontelema, a sua marca foi de 9 segundos e 33 centésimas. Pese a que este ano as tres primeiras parellas o superaron seguimos considerando vixente o logrado o ano pasado pois foi a mellor marca da historia do campionato conseguida por parellas nas que ámbalas duas participantes foran mulleres.
José Manuel Rey (Viladavil - Arzúa) e Cruz Mata (A Coruña cidade). Segundos clasificados (11 Seg. e 64 Cent).
Empezaba a caer a noite e con ela chegaban as Carreiras de Sacos, este foi o xogo que máis quebradeiros de cabeza deu pois resulta complicado poñer de acordo a xente de idades tan distintas. Tiñamos especificado tres categorias, nen@s menores de 12 anos, nen@s entre 12 e 16 e maiores de 16, deuse unha desigual participación.
Na VIIIª edición do Campionato de Futbolín do San Queremos participaron un total de 14 parellas, a gañadora foi a formada por Manuel Quinteiro (Barros - Vilantime) e Martín Lalín (San Miguel - Vilantime).
Pola tardiña, IVº edición do popular xogo de Carreira de Sacos
Xa pola noite tocaballe o turno a VIIIª edición do Torneo de Futbolín
Despois de tanto desgaste nos distintos campionatos que xa se levaban disputados tocaba repoñer forzas pois ainda quedaba moito por diante, así que a xente foise acomodando nas mesas coa intención de non deixar nada do que sobrara do xantar.
Este ano por sorte a noite presentouse bastante menos fría ca do ano pasado, cousa que se notou moi positivamente na asistencia de xente, esto a pesar de que tiñamos a dura competencia da París de Noia e a Panaroma no San Roque de Melide, en canto a número seguro que nos gañaron, eso sí os festeiros máis animados estaban na Zarra do Monte.
Hora da cea, festeiros postos a mesa na Zarra do Monte
Sandra Salgueiro, arrasando nos campionatos do San Queremos 2006
Na media noite e despois da reparadora queimada de balde chegaba a hora do Vº Concurso de baile SQ07.
Despois da baixa participación do ano pasado (7 parellas) debido o intenso frío que facía, este ano a noite estivo máis amable e deste xeito recuperouse a tónica xeral en canto o número de danzaríns no Concurso de Baile do San Queremos, así contouse con un total de 26 parellas das máis variadas idades e composicións.
Tras unha longa deliberación o xurado popular deulle o primeiro posto a parella nº 23 formada por Jesús Murías de Cospeito - Lugo e Conchi Taboada de Pontelema - Arzúa.
Concurso de baile San Queremos 2006
Entrega de trofeos
Rematado o Concurso de baile fixemos un pequeniño descanso para disfrutar dunha intensa e bonita sesión de fogos artificiáis, de seguido volta o baile que durou ata ben entrada a madrugada, tal e como mostran as fotos de máis abaixo a verbena estivo do máis animada.

Suso de Boente despedía a festa coa indispensable Muñeira de Chantada e os festeiros fóronse retirando pero antes cantamos todos xuntos o recén estreado himno oficial adoptado da festa, esperamos que pouco a pouco a xente se vaia aprendendo a letra da cantiga e a poidamos cantar de memoría pois este ano axudámosnos cáseque todos das estampiñas.

E así deuse por rematada a edición 2006 do San Queremos, todos contentos pois a festa foi un ano máis todo un éxito pese o gran disgusto metereolóxico que nos deu a tarde do venres, vispera da festa.

Punto e final o San Queremos 2006, a historia continua