A festa máis tola e orixinal do mundo mundial
Ano 2002
Ano 2003
Ano 2004
Ano 2005
Ano 2006
Ano 2008
Ano 2009
2007, ano IX da historia do San Queremos.
A mañá do sábado 18 de agosto, día da festa recibianos con un sol radiante nos ceos da nosa parroquia ainda que segundo avanzaba a xornada estes fóronse cubrindo dándonos incluso un pequeno susto a media noite a xeito de lixeiro orballo.
Este ano escollemos a cor naranxa para as camisetas oficiais da festa. Como non podía ser de outro xeito o debuxo a espalda representaba ó noso Santo Patrón presentado en sociedade na edicíon do 2006.
Do seu deseño encargouse de novo o bon amigo _melidense Emilio e que como ben podedes observar voltou a bordalo. Para a parte dianteira non lle demos moitas voltas os miolos e puxemos o mesmo que o ano anterior pero cambiandolle a data.
O complemento deste ano foron os chamativos gorros verde mazá que adornan as testas de moitos dos festeiros...
Tanto os puchos como as camisetas esgotáronse a media mañá cousa moito de agradecer pois ambos son de suma importancia para o sustento económico da festa.
Orixináis feitos polo gran Emilio
Resultado final na camiseta
Antes de xantar tocaba botarlle unhas bailas na sesión vermú, o Dúo Master, primeiro dos catro grupos musicáis que tiñamos contratados para animar a festa foi o encargado de facelo.
Hora de xantar, xente a mesa. Na foto 3 o expectacular altar montado pola peña chegada dende Visantoña
Outro que estaba de estrea foi o noso Santo Patrón, Ramón Villar sorprendeunos incorporándolle a San Queremos un novo complemento a xeito de pétrea boina que iremos alternándolle co seu elegante sombreiro.
Despois do reparador xantar e a eso das catro e media da tarde chegaba un dos momentos estelares do San Queremos, a esa hora; IX Campionato Mundial de Arrebolamento de Sacho.
Neste 2007 deuse a participación máis alta da historia do campionato, foron un total de 67 os arreboladores dos cales so 5 fixeron lanzamento nulo, os dous primeiros clasificados superaron a barreira dos 30 metros pero quedaronse bastante lonxe do récord establecido en 2003 por Suso Valiño (Figueiroa - Arzúa) en 36 M. 00 Cm.
O Santo Patrón de estrea
Carlos Carril de Filgueira - Vilantime levouse o trofeo, a sua marca: 31 M. 20 Cm.
O subcampionato foi para Oscar Regueiro (Chispas) de Baltar - Melide que mandou o Sacho a 30 M. 23 Cm. Nesta ocasión non contamos coa participación do recordman mundial.
O Campión en acción (Foto 1) e recollendo o seu merecido trofeo (Foto 2). Na Foto 3 vemos o arrebolamento do 2º clasificado.
En canto a mulleres contouse co concurso de 30 arreboladoras, unha menos que na edición do ano pasado, non se rexistraron lanzamentos nulos, a gañadora chegaba dende as lucenses terras de Pardiñas, Sandra Porto coa sua marca de 16 M. 15 Cm. quedouse a algo máis de 1 metro e medio do récord mundial (17 M. 70 Cm) logrado no 2004 por Remedios González que nesta ocasión fixo un discreto arrebolamento de 10 M. 25 Cm.
O subcampionato foi para Pilita de López veciña da aldea de Pedrosa - Vilantime, o seu arrebolamento alcanzaba os 15 M. 22 Cm. Os 14 M. 70 Cm. de Helena de Quinteiro, medio de Vilantime medio de Sestao - Euskadi levárona a terceira posición.
Sandra Porto co trofeo que a acredita como Campiona Mundial de Arrebolamento de Sacho 2008 (Foto 1). Na Foto 2 a subcampiona.levanta o seu merecido trofeo. Helena de Quinteiro e o arrebolamento que a levaría ao 3º posto (Foto 3). Na derradeira foto Laura Varela de Toiriz - Vila de Cruces que foi a 5ª clasificada con unha marca de 13 M. 31 Cm.
Entre o Arrebolamento de Sacho e o Tiro de Carro houbo un receso para botarlle unhas bailas, o grupo de gaitas Bico da Balouta chegados dende Agolada e o Duo Master no seu segundo pase foron os encargados de facerlle afumear os pes o personal.
A "Interparroquial Tirando do Adibal" (véxase Historia Ano 2005) deixou pouso xa que por segundo ano consecutivo e de xeito espontaneo e non oficial montouse un campionato que pouco lle tivo que envidiar o disputado na edición de quel ano.
Bailes ao ritmo de Bico da Balouta Jaiteiros e do Duo Master
Despois de menealo esqueleto tocaba voltar de novo os xogos do SQ, VII Campionato Mundial de Tiro de Carro, e foi aquí donde cometemos o gran erro da xornada, erro do que non nos demos conta ata rematado o campionato.
Cando nos puxemos a mirar os resultados para entregar os trofeos démonos conta de que as marcas eran moi boas, demasiado boas, gran nº de participantes superaran o récord mundial e foi entón cando nos demos conta da gran metedura de pata.
Tirando do adibal, uns contra outros
O fallo estivo en que cando botamos as medidas para delimitar a pista para o campionato marcámola en 20 metros cando deberían ser 25, analizada a situación decidiuse considerar un campionato aparte a edición deste 2007 polo que para o 2008 e sucesivos volverase a distancia dos 25 metros e a os records mundiáis vixentes para ela.
No apartado masculino participaron un total de 12 parellas (2 menos que o ano pasado), a gañadora formada por Carlos Carril e Alberto de Curros ambos de Vilantime revalidaron o título logrado no 2006 rebaixando a sua marca de 8 Seg. 32 Cent. en máis de 2 segundos quedando así en 6 Seg. e 12 Cent. e superando o récord do mundo debido loxicamente o explicado anteriormente.
Os Campións de Tiro de Carro 2007 dispostos para a saida (Foto 1), na Foto 2 recollendo os seus trofeos. Diego Pallares e David Rodríguez ambos das pontevedresas terras de Vila de Cruces foron os subcampións (7 Seg. 16 Cent.), na Foto 3 vémolos en pleno esforzo. As medallas de Pablo de Rapela de Pedrosa - Vilantime e Juán Castro Mouriño de Arzúa (Foto 4) acredítanos como terceiros clasificados, o seu tempo foi de 7 Seg. 42 Cent.
No que respecta ao campionato feminino - mixto deuse o mesmo caso que no masculino, as marcas foron excepcionáis, participaron 4 parellas mixtas e 3 formadas por mulleres.
A campiona foi a composta por Cruz Mata de A Coruña cidade e José Manuel Rey de Viladavil - Arzúa, uns habituáis do campionato (acadaron o 2º posto en 2006), este ano lograron un tempo de 9 Seg. 21 Cent.
O subcampionato foi para Suso Núñez e Andrea Núñez, veciños da nosa parroquia e pai e filla respectivamente, quedaron a 33 segundos dos campións.
Parella campiona de Tiro de Carro 2007, versión Feminino - Mixto
Cumpre aclarar que a efectos de novo récord mundial este considerase batido cando e superado por unha parella formada exclusivamente por mulleres, así que por este ano quedou en posesion das clasificadas en 4º lugar. Sonia García de Pumariño - A Castañeda e Rosa López de Arzúa co seu tempo de 10 Seg. 81 Cent. rebaixaron o oficial en algo máis de 2 segundos que a partir do 2008 volverá a ser de 12 Seg. 93 Cent.
Suso Núñez Otero e a sua filla Andrea de Filgueira - Vilantime, subcampións de Tiro de Carro 2007 (9 Seg. 54 Cent.) (Foto 1), na Foto 2 vemos a Rosa López e Sonia García en acción, na Foto 3 reciben os trofeos que lles otorga por este ano un novo récord mundial. Na Foto 4 vemos as clasificadas en 5º lugar, Paula Asorey e Laura Varela procedentes das terras de Vila de Cruces fixeron un tempo de 12 Seg. 93 Cent.
Sin tempo que perder pois o retraso xa era considerable pasamos as Carreiras de Sacos, establecemos 2 categorías, primeiro disputouse a de menores de 14 anos, como en anos pasados tivemos problemas a hora de concretar o correcto orde de chegada motivando esto que fose preciso repetir a carreira, a segunda foi a vencida, o gañador foi Adrián Conde de Vilasuso - Vilantime quedando en 2º lugar Noelia Sánchez de Liñares no veciño concello de Santiso.
A 2º categoría correspondíalle ós maiores de 14, aquí a orde de chegada foi clara tras unha veloz carreira, o primeiro en superar a liña de meta foi Noel Alonso do Bar Casqueiro en Arzúa seguido de Ivan Pedreira de Balocás (Visantoña -Santiso).
A noitiña, Carreiras de Sacos na Zarra do Monte
Recuperadas as forzas tras a suculenta cea e ó mesmo tempo que daba comenzo a verbena co primeiro pase do Dúo Azahara entraba en escena o invento galego por excelencia, o futbolín. Apuntáronse a xogar un total de 24 parellas o que fixo do torneo deste ano o de maior participación nos seus 9 anos de historia.
A parella gañadora foi a formada por Noel Alonso de Arzúa e David Casanova de Santa María de Arzúa quedando en segundo lugar tras unha final mui disputada Carlos Amboage e Ovidio Balado ámbolos dous da cidade de A Coruña.
O terceiro posto foi acadado por Manuel Pedreira Pájaro de Balocás - Visantoña e José Amboage Garea de Basauri - Bilbao.
Os campións do IX torneo de Futbolín na Foto 2, na Foto 3 os subcampións
Como comentabamos o principio a media noite a climatoloxía deunos un pequeno susto pois a esa hora empezou a caer unha fina choiva, por sorte os carballos fixeron de perfectos paraugas e a auga non afectou moita a festa que por aquel entón estaba do máis animada.
Ambientazo
Queimada en preparación
Antes do Concurso de Baile deuse boa conta da nosa habitual queimada de balde, José Manuel Amboage e Fernando Garea (O Muñeiro) fixeron de perfectos maestros de ceremonia, conxuro incluido.
A parella nº 18 foi a campiona, o 2º lugar foi para a nº 17, ámbalas duas de Visantoña - Santiso
O Concurso de Baile SQ07 poñía fin como de costume os xogos do San Queremos, 20 parellas foron as participantes, pasodoble, salsa e vals foron os tres tipos de música interpretados polo Duo Azahara para a ocasión.
O xurado escollido entre xentes do público otorgoulle a maior puntuación a parella co dorsal nº 18, Daniel Roibás e a sua muller María Teresa Pampín. Os segundos foron Carmén Curros e Manuel Pedreira de Balocás na parroquia deVisantoña.
A parella clasificada en terceiro lugar estaba formada por duas mulleres; Sandra Salgueiro de Ribadiso - Rendal xunto con Helena Vázquez de Liñares no concello de Santiso.
O cuarto posto foi para Rocío da parroquia de Burres, concello de Arzúa e Laura da parroquia de Belmil, concello de Santiso.
O quinto lugar era para a parella formada por Luis de Casal de Volteiro - Vilantime e Chus Vázquez de Boimorto.
Terceiras
Cuartas
Quintos
Despois do Concurso de Baile houbo tempo para a nosa habitual sesión nocturna de fogos de artificio.
Suso de Boente, "Aspetacular" con "A"
Foto de familia, 5 da mañá mui pasadas
De seguido daba comenzo o derradeiro pase do gran Suso de Boente que tiña como hora límite as tres e media da mañá, a sua actuación estendeuse ata ben pasadas as cinco tras innumerables peticións do respetable, ¡¡xa quixera ver eu a París de Noia en semellante actitude!! Un tipo xenial e único este Suso e o seu Ketrón XD9.
Punto e final o San Queremos 2007, a historia continua