A festa de merendas máis tola e orixinal do mundo mundial
Ano 2002
Ano 2003
Ano 2004
Ano 2005
Ano 2006
Ano 2007
Ano 2009
2008, ano X da historia do San Queremos.
Non sabemos quen dixo aquelo de que "O tempo non corre, voa" e canta razón tiña. Parece que foi onte cando aquel escaso centenar de romeiros nos xuntamos por primeira vez na carballeira da Zarra do Monte coa única intención de pasalo ben.
Poucos de nos imaxinábamos que todo esto iba a chegar tan lonxe, 10 anos despois e ainda que con moita máis xente o espíritu de aquel 2 de outubro de 1999 sigue presente entre moitos de nos.
O ceo estivo da nosa parte un ano máis e que non era plan chafarnos o X aniversario. Un sol radiante acompañóunos o longo da xornada festeira.
Como si de unha grande banda de rock se tratase nos tamén aproveitamos os 10 anos de historia para editar o noso particular recopilatorio. Escollemos os 5 debuxos que nos pareceron mellores das camisetas de outros anos e o seu remexido deu como resultado a camiseta oficial do SQ 08.
Da sua montaxe encargouse Alberto Carbón e o eslogan que lle puxemos viña como anel o dedo: "1999/2008 10 anos de moita festa"
Para a cor das camisetas xa non nos quedaban moitas donde escoller, así que nos decidimos por unha ainda inédita e un tanto arriesgada; ROSA.
10 anos non se cumpren tódolos días así que non escatimamos en gastos e metémoslle o debuxo na espalda das camisetas a toda cor. Na parte dianteira como de costume empregamos a cabeceira do cartel anunciador da festa.
Este ano o complemento do uniforme oficial do San Queremos foron unhas bonitas viseras negras e blancas modelo Durán segundo poñía nas caixas.
Equipación oficial do SQ08
A cousa pinta rosa
Debuxo da camiseta do X aniversario
Con cada cousa máis ou menos no seu sitio e a eso da unha e media da tarde daba comenzo a sesión vermú. De novo con nos e por segundo ano consecutivo o Dúo Máster, Raquel e Xoan Luis co seu bon facer sobre o escenario sacaron a bailar a moitos dos festeiros na bonita e soleada mañá do 23 de agosto de 2008.
Despois das bailas tocaba repoñer forzas, suculentos manxares estaban a disposición dos romeiros nas distintas mesas instaladas o longo e ancho da carballeira da Zarra do Monte, entre estes manxares o sabroso polbo a feira do polbeiro Higinio chegado ó San Queremos dende o concello de Boqueixón aló polas terras da Ulla.
Unhas bailas antes de xantar
Hora de xantar, mesa da comisión
Hora de xantar, outros festeiros
A eso das 5 da tarde tocaba demostrar o efecto fortalecedor dos xantares. Este ano decidimos cambiar a orde dos distintos campionatos, disputouse primeiro o Tiro de Carro evitando así que a xente estivera exposta a sofocante calor que facía no campo de Arrebolamento de Sacho pois o sol petaba alí do lindo.
Debido as que creemos lóxicas protestas de varias das participantes de parellas exclusivamente formadas por mulleres de outros anos e que se queixaban de que a inclusión de parellas mixtas no campionato feminino as deixaba.practicamente sen... posibilidades de gañar decidimos incluilas no campionato masculino.
Para anos vindeiros plantexaremos un campionato de parellas mixtas para evitar todos estes problemas.
Todo listo para a disputa do VIII Campionato Mundial de Tiro de Carro
Así no apartado masculino/mixto participaron un total de 23 parellas, 2 delas mixtas o que supón un récord absoluto na historia do concurso, os gañadores foron os 2ª clasificados no pasado 2007, quedáronse a 57 centésimas de batir o actual récord do mundo que dende 2005 está en 7 Seg. 87 Cent.
Destacar o axustado dos resultados que se deron entre as parellas clasificadas en 2º e 3º lugar e as do 4º e 5º pois entre elas houbo so unha centésima de segundo de diferencia.
Dende as terras de Vila de Cruces chegou parella campiona de Tiro de Carro 2008, Diego Pallares e David Rodríguez , 8 Seg. 44 Cent. (Fotos 1 e 2). Os subcampións foron Gabriel Mosteiro de A Castañeda (Arzúa) e Manuel Perol de Santiago de Compostela (Foto 3), o seu tempo foi de 8 Seg. 86 Cent. Na Foto 4 temos a Carlos Carril e Luis Cacharrón das aldeas da nosa parroquia Filgueira e Pedrosa respectivamente, foron os terceiros a so 1 centésima de segundo dos subcampións
Despois era o turno das féminas, participaron un total de 5 parellas o que ven a representar a media dos derradeiros anos neste apartado do campionato.
Carmen Gil de Pantiñobre - Arzúa e Maruja Nuñez de Filgueira - Vilantime campionas de Tiro de Carro 2008 (Foto 1). Na Foto 2 vemos listas para a saida as subcampionas, María Rial de Arzúa e Sandra Mariño de Filgueira - Vilantime
Quedouse bastante lonxe do actual récord mundial que dende o ano 2005 está en 12 Seg. 93 Cent.
As marcas foron dende os 15 Seg. 80 Cent. das campionas ata os 18 Seg. 87 Cent. de Ana Codesido de Castelldefells en Barcelona e Mª do Carme Vigo de Añá no concello coruñes de Frades.
As terceiras foron Pilar Agra de Sestao - Vizcaia e Iolanda González de Santiago de Compostela (16 Seg. 99 Cent.) (Foto 1)
O cuarto posto foi para Helena de Quinteiro de Sestao - Vizcaia e Lucía Souto de A Coruña cidade (17 Seg. 56 Cent.) (Foto 2)
De quintas; Ana Codesido de Castelldefells - Barcelona e Mª do Carme Vigo de Añá - Frades (18 Seg. 87 Cent.) (Foto 3)
.Como xa ven sendo tradición nestes derradeiros anos non faltou a improvisada disputa entre homes e mulleres tirando do adibal, como de costume gañaron as mulleres, ainda que axudadas un pouco polo feito de que tiraban costa abaixo.
Tirando do adibal, homes Vs mulleres
Sin tempo que perder pois como de costume ibamos con certo retraso pasouse a disputa do X Campionato Mundial de Arrebolamento de Sacho.
Arrebolaron primeiro as mulleres, contouse con 25 participantes (5 menos que en 2007). A campiona foi Mª Jesús Agra da aldea de Montelongo na nosa parroquia con un lanzamento de 15 M. 50 Cm. Bastante lonxe dos 17,70 alcanzados en 2004 pola Recordwoman Mundial Remedios Gónzalez Baho de San Miguel - Vilantime, Remedios nesta ocasión fixo un discreto lanzamento de 13 M. 32 Cm. o que a deixou en 8º lugar.
Rosalía Morandeira de Friol, provincia Lugo foi a subcampiona con unha marca de 15 M. 30 Cm. O terceiro posto recaeu en Miriam Martín de Santa María de Arzúa, o sacho alcanzou os 14 M. 83 Cm.
Adelina Santos (Adelina de Condés) de Burres - Arzúa, Campiona Mundial en 2003. 4º posto (14 M. 51 Cm.) (Foto 1)
Dolores Río (Lola do Ferreiro) de Pedrosa - Vilantime, Campiona Mundial en 2005 (Nulo) (Foto 2)
Maruja Seoane (Maruja de Rapela) de Pedrosa - Vilantime, (9 M. 85 Cm.) (Foto 3)
83 arreboladores, récord de participación na historia do campionato masculino. Tan so o campión Diego Pallares de Vila de Cruces (Pontevedra) superou a barreira dos 30 metros, a sua marca 30 M. 32 Cm.
Diego Pallares Campión Mundial de Arrebolamento de Sacho 2008 (Foto 1). Na Foto 2 vemos o arrebolamento do subcampión, Juán Mouriño
Juan Mouriño de Arzúa que xa fora campión en 2005 levouse o segundo posto ó facer chegar o sacho a unha distancia de 29 M. 91 Cm.
Oscar Regueiro de Baltar, concello de Melide alcanzou con 29 M. 09 Cm. o terceiro lugar na clasificación.
Luis Cacharrón (Luis de López) de Pedrosa - Vilantime, sexto clasificado (28 M. 75 Cm.) (Foto 1)
Pablo Adán (Pablo de Rapela) de Pedrosa - Vilantime, décimo clasificado (27 M. 50 Cm.) (Foto 2)
Aitor Castro de Arzúa que andaba na sua despedida de solteiro (20 M. 50 Cm.) (Foto 3)
Xa coa noite botada sobre a Zarra do Monte pasábase ó seguinte xogo, as Carreiras de Sacos, na categoría dos máis pequenos (menos de 15 anos) contouse con unha participación semellante a dos anos pasados.
Nesta categoría as tres primeiras clasificadas foron mulleres. A gañadora foi Noelia Sánchez de Liñares no concello de Santiso, o segundo posto foi para Andrea Núñez de Filgueira - Vilantime quedando en terceiro lugar Olaia Vázquez de San Miguel na parroquia de Vilantime.
Noelia Sánchez de Liñares - Santiso Campiona nas carreiras de sacos (menores de 15 anos)
Andrea Núñez de Filgueira - Vilantime Subcampiona nas carreiras de sacos (menores de 15 anos)
Donde subeu moito a participación foi entre os de 15 ou máis anos, 27 eran os corredores, fixemos 3 grupos de 9 dos que pasaban os 2 mellores quedando unha final de 6, arrasou a xente da Tropa de Asalto a Barra chegada dende Vila de Cruces posto que os 4 primeiros lugares foron para eles.
Tanto Luis Miguel Garnil gañador na carreira de sacos como Eliseo Permuy que foi cuarto ou Diego Pallares campión no Arrebolamento de Sacho e no Tiro de Carro son destacados competidores en loita libre olímpica e loita grecorromana a nivel peninsular con algunha que outra medalla de ouro nos Campionatos de España e nas suas categorias. O mellor resulta que o gran dominio dos cruceños en moitos dos torneos do SQ08 non foi unha casualidade.
Intentando clasificarse para a seguinte ronda (15 anos ou máis) (Foto 1)
Luis Miguel Garnil de Cumeiro - Vila de Cruces, campión nas carreiras de sacos (15 anos ou máis) (Foto 2)
Marcos Iglesias de Vila de Cruces - Pontevedra, subcampión nas carreiras de sacos (15 anos ou máis) (Foto 3)
Disputando o X torneo de futbolín na foto 1 e na foto 2 os campións cos seus merecidos trofeos
Despois da cea para recuperar un pouco as forzas e coincidindo co inicio da verbena demos paso a disputa un ano máis do torneo de Futbolín e xa van 10, 24 parellas agarradas as barras de tan grande invento galego.
A parella gañadora foi a formada por José Manuel Mariño de Filgueira - Vilantime e David García de Visantoña - Santiso impoñendose na final a Carlos Carril de Filgueira - Vilantime que formaba parella con Alberto de Curros de O Volteiro - Vilantime.
Pese as horas que xa se levaban de festa o ambiente non decaeu en ningún momento, a verbena estivo do máis animada, si o personal tiña que aborcallarse polo chán aborcallábase e listo.
Moita e boa carallada na noite do San Queremos 2008
Sin tempo a deixar enfriar a cousa pasábase o derradeiro concurso de tan intensa xornada lúdico - festiva, era a hora de que cada un/unha demostrara o longo de tres variadas pezas musicáis ofrecidas polo dúo Punto Zero a sua maestría no mundo do baile, 11 parellas jastaban pista na madrugada do 23 de agosto de 2008.
O xurado escollido entre os presentes foi quen decidiu a clasificación. Alzáronse co triunfo Jesús Murías de Cospeito - Lugo e Conchi Taboada de Pontelema na parroquia de Lema, son uns habituáis do concurso de baile do SQ pois xa o gañaron en 2006. O segundo posto foi para Tamara Andrade de Arzúa e Manolo Vázquez de San Miguel - Vilantime, quedaron en terceiro lugar Andrea Núñez de Filgueira - Vilantime e María Conde de Vilasuso - Vilantime.
VII concurso de baile SQ08 (Fotos 1 e 2). Na (Foto 3) un xurado popular e mui imparcial
A nosa curta pero intensa sesión de fogos de artificio iba anunciando que o San Queremos 2008 estaba chegando o seu remate, ainda así nos quedaba tempo de botarlle as derradeiras bailas nos innumerables bises que Suso de Boente nos ofereceu.
Punto e final o San Queremos 2008, a historia continua

Y esto es todo amigos!!! O ano que ben máis e si e posible mellor