|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A festa de merendas
máis tola e orixinal do mundo mundial
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
2010,
ano XII da historia do
San Queremos.
|
|
|
Un ano máis
a metereoloxía foi moi benigna coa nosa festa,
a verdade e que estamos tendo moita sorte pois das
doce edicións celebradas ata o de agora so
nos choveu na primeira que foi un xa lonxano 2
de outono de 1999.
|
|
|
Escollemos
a cor verde kelly para a camiseta do San
Queremos 2010, ó igual que os outros anos
tiñamos pensado decorala na espalda con un
debuxo pero debido a problemas varios este non estivo
rematado a tempo e sobre a marcha solucionamos o tema
con un sinxelo pero resultón SQ010.
|
|
|
Para o peito
eliximos a habitual cabeceira do cartel coa lista
dos distintos xogos que o longo dese 21 de agosto
se disputarían na carballeira da Zarra do
Monte.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O uniforme oficial completábase
con unhas bonitas gorras azuis nas que entre outras cousas aparecía
o noso imprescindible sacho.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Camiseta oficial do San Queremos 2010
|
|
Pucha oficial do San Queremos 2010
|
|
|
Tanto
as camisetas como as gorras foron vendidas cáseque na sua totalidade,
algo de suma importancia para o sustento económico da romaría
pois os principáis ingresos veñen tanto de aquí
como do que se xunta das consumicións que os festeiros fan na
taberna que os da comisión xestionamos, esta e unha das poucas
festas que se organiza sin pasar a gorra entre a veciñanza da
parroquia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Musicalmente
este 2010 foi posiblemente o ano máis completo,
na sesión vermú e por cuarto ano consecutivo contamos
co bo facer de Máster, fantástico dúo
musical formado por Raquel e Xoan Luis.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os
gaiteiros Bico da Balouta das
terras de A Golada foron os encargados de poñer
o petisco de música tradicional que toda romaría
campestre precisa.
|
|
|
|
|
|
|
Despois
das bailas tocaba xantar así que as mesas repartidas pola
carballeira adiante fóronse enchendo de comensáis.
|
|
|
|
|
|
|
|
Sesión vermú, Dúo Master
|
|
Sesión vermú, Bico da Balouta
jaiteiros
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Hora de xantar, xente nas mesas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sobre
as 5 da tarde chegaba a hora de demostrar que o xantar fortalecera
os corpos dos/as romeiros/as presentes na Zarra do Monte,
comenzaba a disputa do X Campionato Mundial de Tiro de Carro,
turno para as féminas en
primeiro lugar.
|
|
|
As participantes
nesta modalidade reducironse xusto a metade con respecto ó
ano pasado pois pasamos de 8 parellas en 2009 a
4 en este 2010. E
de moi difícil explicación nesta modalidade as marcas
alcanzadas pois foron moi frouxas, o feito de que as campionas
fixeran 2 segundos máis que as últimas clasificadas
da edición de 2009 xa o di todo.
|
|
|
O récord do mundo
está en posesión de Helena García Carril
de Pela - Vilantime e Sonia García
Rúa de Pumariño - A Castañeda
dende o ano 2005, a sua marca foi de 12 Seg. 93 Cent.
Por primeira vez nos 10
anos de torneo tivemos unha parella que non dou completado os
25 metros reglamentarios.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Luisa
González Agra de
Santiago de Compostela e Lucía
Souto Díaz de A Coruña cidade. Campionas
- 19
Seg. 86 Cent.
|
|
|
Iolanda González Agra
de Santiago de Compostela e Pilar
Agra Pampín de Sestao - Vizcaia,
2º posto - 20 Seg. 33 Cent.
|
|
|
Manuela Hervella de
Soutogrande - Vilariño de Conso
- Ourense e Samanta Bouzas de
Caión
- A Laracha - A Coruña.
Non chegaron a meta, quedáronse aló
polo metro 13 ou 14
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Pasaban a continuación
a competir as parellas mixtas, contamos con 5 inscritas,
as mesmas que no pasado 2009, nesta modalidade este 2010
foi o segundo ano que se disputaba o campionato. A parella gañadora
fixo 1 segundo máis que os campións de 2009
e actuáis posuidores do récord do mundo.
|
|
|
|
|
|
Foi o matrimonio
formado por Emilio Villar Vázquez e Sandra Porto
Prieto, ambos de Pardiñas no concello de Guitiriz
pertencente a provincia de Lugo, curiosamente voltaron
a facer o mesmo tempo que en 2009, 11 Seg. 97 Cent.
|
|
|
|
|
As marcas en
xeral foron un pouco máis frouxas cás do ano pasado.
|
|
|
|
|
O
récord do mundo téñeno Sandra Salgueiro
Vázquez de Ribadiso - Rendal - Arzúa
e José Manuel Montaña Rivadulla de San
Miguel - Vilantime - Arzúa. Está
fixado nos 10 Seg. 97 Cent.
|
|
|
|
|
A parella gañadora
en acción
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
José Mejuto
Sanguiao de Vilasoa - Santiso e Yoli
Penas Varela de Pedreira - Santiso,
2º posto
-
12 Seg. 14 Cent.
|
|
|
|
|
|
|
Fanny Carnota Calviño de
Trazo - Ordes e Daniel Penas Varela
de Pedreira - Santiso, 3º posto
- 12 Seg. 29 Cent.
|
|
|
|
|
|
|
Javier Montes Pérez de Taboada
- Lugo e Natalia Fernández Veiga
de Santa María de Arzúa, 4º
posto - 14 Seg. 80 Cent.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
E para rematar
este campionato a versión masculina, contouse coa participación
de 17 parellas, 6 menos que en 2009.
|
|
|
Por terceiro
ano consecutivo levaron o campionato David Rodríguez
e Diego Pallares ambos de Vila de Cruces na provincia
de Pontevedra que cos seus 9 segundos xustos
perderon 66 centésimas respecto a marca do ano pasado
quedando así a 1 Seg. 13 Cent. do récord
mundial.
|
|
|
Récord
do mundo en posesión de Carlos Carril Crespo e José
Manuel Montaña Rivadulla das aldeas de Filgueira
e San Miguel (ambas na nosa parroquia). Foi en 2005
con un tempo de 7 Seg. 87 Cent.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
David
Rodríguez Carreira e Diego Pallares
Santos, ambos de Vila de Cruces
- Pontevedra,
campións - 9
Seg. 00 Cent.
|
|
|
José
Mejuto Sanguiao de Vilasoa -
Santiso e Daniel Penas Varela de
Pedreira - Santiso, subcampións
- 9
Seg. 73 Cent.
|
|
|
Adrián
Carril Cacharrón de Viladavil
- Arzúa e José Manuel Castro
Mato de A Mella - Arzúa,
3º posto - 9
Seg. 87 Cent.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tras a entrega de trofeos e
medallas do Tiro de Carro e mentres se preparaba todo para a
disputa do XII Campionato Mundial de Arrebolamento de Sacho a
Carballeira da Zarra do Monte enchiase de moita e boa música
con un novo pase do Dúo Máster e os gaiteiros de
Bico da Balouta.
|
|
|
Neste 2010 cumprianse
xa 12 edicións do buque insignia dos xogos do San
Queremos. Participaron 21 arreboladoras, 2 máis
que en 2009, houbo 2 nulos, distancias lixeiramente
inferiores as da edición pasada.
|
|
|
Con un arrebolamento de
13 M. 30 Cm. levouse o campionato Helena de Quinteiro,
ainda que residente en Sestao - Vizcaia os do SQ
considerámola da casa pois dende sempre formou parte desta
gran familia polo que nos alegramos especialmente da sua victoria.
Xa iba tocando pois Helena andaba detras deste campionato
dende os seus principios, sempre estivo entre as 10 primeiras.
|
|
|
O récord
mundial de 17 M. 70 Cm. logrado no 2004 segue
en posesión de Remedios Gónzalez de
O San Miguel - Vilantime.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Remedios
nesta ocasión fixo un lanzamento de 12 M. 29 Cm.
que a deixou en 4º lugar.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Elena Castro
Quinteiro (Helena de
Quinteiro) de Sestao - Vizcaia
- Euskadi. Campiona Mundial de Arrebolamento de
Sacho 2010 - 13 M. 30 Cm.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Patricia Quintás Santiso
de Loxo - Touro. Subcampiona
Mundial de Arrebolamento de Sacho 2010
- 13 M. 13 Cm.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
María José Camino Fernández.
(María de Camiño) de O Monte - Vilantime
- Arzúa, 3º posto - 12 M. 60 Cm.
|
|
|
|
Neste 2010 contamos
con 68 arreboladores, 8 máis que en 2009.
O cruceño Diego Pallares Santos que o ano
pasado fora 2º volveu a levar un título que
xa gañara en 2008, un ano máis o seu lanzamento
quedou en torno os 30 metros. Oscar Regueiro de Baltar
- Melide campión en 2009 foi un dos 26
participantes que fixeron arrebolamento nulo.
|
|
|
Séguese bastante
lonxe do récord mundial (36 M. 00 Cm) que foi logrado
en 2003 por Suso Valiño de Figueiroa
- Arzúa, Récordman mundial que xa fai uns
anos que non participa.
|
|
|
|
|
|
Diego Pallares Santos
de Vila de Cruces (Campión
2008), Campión Mundial de Arrebolamento de
Sacho 2010 - 30 M. 21 Cm.
|
|
|
Abel Taboada Agra de Brandeso - Arzúa,
Subcampión Mundial de Arrebolamento de Sacho 2010
- 29 M. 88 Cm.
|
|
|
Daniel Mato Cebrián (O Valenciano)
de Visantoña - Santiso - A Coruña,
3º posto - 26 M. 63 Cm.
|
|
|
Entregados
os trofeos da 12ª edición do Campionato
Mundial de Arrebolamento de Sacho e xa coa noitiña
sobre a Zarra do Monte volvía a soar
a música na carballeira.
|
|
|
|
|
|
A eso das
nove da noite o Dúo Caramelo subía
por primeira vez o novo escenario que estreabamos
este ano e que como cáseque todalas cousas
que temos na zarra foron feitas pola tropa da comisión
neste caso os encargados foron os da Sección
Construcción.
|
|
|
|
|
Os principáis
protagonistas deste primeiro pase dos tres que deron
os Caramelo foron os numerosos cativos presentes
na romaría e que converteron a sua actuación
nun particular e divertido karaoke.
|
|
|
|
|
Tras a música
chegaba a hora das Carreiras de Sacos, como
de costume dous grupos segundo idades, 14 anos
e menos e 15 e máis, respecto o
ano 2009 a participación foi similar
en 14 e menos e subeu bastante nos de 15
e máis pois pasamos de 16 a 24.
|
|
|
|
|
A rapazada co Dúo Caramelo
|
|
|
|
Primeiro os máis
pequechos, á diferenza de outros anos en vez de en
grupos correron todos xuntos, leváron trofeos os
3 primeiros e medallas os outros todos. Gañou
Uxía García Conde da aldea da nosa
parroquia Pela.
|
|
|
Nos maiores fixemos
3 grupos de 6 corredores dos que pasaban os
2 mellores quedando unha final de 6. Tras
esa disputada final houbo un moi claro gañador que
foi Félix Sáez Conde natural da cidade
de Vitoria aló polas terras de Euskadi,
a chegada para o resto de participantes foi máis
apretada. En segundo lugar quedou Juan Couso Reboredo
de Poio - Pontevedra.
|
|
|
|
|
|
Uxía García
Conde de Pela
- Vilantime - Arzúa,
campiona nas
Carreiras de Sacos (14
anos ou menos)
|
|
|
Carreiras
de Sacos, 15 anos ou máis (a gran final)
|
|
|
Félix
Sáez Conde de
Vitoria
cidade - Euskadi, o
campión
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tras un pequeno
receso para que as xentes presentes na festa deran boa conta
da cea chegaba a hora da disputa do XII Campionato de
Futbolín, contamos coa participación de
12 parellas (2 menos que en 2009),
como de costume foi do máis reñido.
|
|
|
Tras unha intensa
final os gañadores absolutos forón Martín
Lalín Vilar de San Miguel - Vilantime
e Amador Iglesias Pájaro de Maroxo
- Arzúa (FOTO
1).
|
|
|
|
|
Os
campións superaron
.na gran final
a Alberto Gómez Segade (Alberto
de Curros) e Carlos Quinteiro Fernández
(Carlos
de Quinteiro)
das aldeas da nosa parroquia Volteiro
e nosa Barros
nosa
osa.respectivamenteosa
.(FOTO
2).
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Daniel
Boo Quinteiro de Barros - Vilantime
e Joni Cendón González de Arzúa
vila, foron os terceiros clasificados (FOTO
3).
|
|
|
|
|
|
|
|
Ó mesmo tempo que
se disputaba o Campionato de Futbolín daba comenzo
a verbena nocturna, abría a mesma o terceiro dúo
contratado para o San Queremos 2010, levan escenario propio
son da zona de Compostela e o seu nome e Glamour.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
No San Queremos
non hai parada así que a eso das doce da noite tocaba repoñer
corpo e máis espíritu e para iso nada mellor que
a nosa xa tradicional queimada gratuita.
|
|
|
|
|
|
|
O mestre de ceremonias
nesta ocasíon foi o amigo Manuel Perol.
|
|
|
|
|
|
|
|
Hora
da verbena, Dúo Glamour
|
|
12
da noite, gran queimade de balde
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Coa
volta o escenario da Zarra do Monte do Dúo
Caramelo
chegaba o derradeiro xogo do San Queremos 2010.
|
|
|
O
Concurso de Baile casi duplicou a sua participación
con respecto a do ano pasado pois apuntáronse un total
de 15 parellas, no ano 2009 foran
8.
|
|
|
Un xurado
popular foi o encargado de puntuar as parellas participantes,
a gañadora sacoulle 5 puntos a clasificada en segundo
lugar. Carmen Curros e Manuel Pedreira da veciña
parroquia de Visantoña no concello de Santiso
cos seus 12 puntos leváronse un concurso que
xa intentaran gañar noutros anos, en 2006 e 2007
quedáranse as portas pois en ambas ocasións acadaron
o segundo posto.
|
|
|
Como a tódolos
gañadores dos distintos xogos fíxoselles entrega
do trofeo de rigor acompañado nesta ocasión
dunha exclusiva camiseta de cor laranxa diseñada
especialmente para a ocasión.
|
|
|
|
|
|
Ritmos de acordeón na
IXª edición do Concurso de Baile do San
Queremos
|
|
|
Un cualificado, atento e imparcial
xurado popular
|
|
|
A parella campiona, Carmen Curros
Amboage e Manuel Pedreira
Pájaro. Ambos de Balocás - Visantoña
|
|
|
|
|
7 puntos
déronlle o segundo posto a Javier Torreiro
e Cristina Pereira, outros que tampouco
era a primeira vez que participaban neste concurso,
no pasado 2009 quedaron clasificados en terceiro
lugar.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Javier
Torreiro (Maroxo - Arzúa)
e Cristina Pereira (Gonzar
- O Pino),
clasificados no segundo posto
con 7 puntos
|
|
|
|
|
Desempate entre
as parellas clasificadas en terceiro
e cuarto posto
|
|
|
|
|
|
|
A sorpresa
chegou a hora de determinar os terceiros clasificados
pois deuse un empate a 6 puntos entre
duas das parellas participantes, o xurado decidiu
que debían ir o desempate botándolle
un baile moderno.
|
|
|
Tras
este determinaron que Manuel Esteve Iglesias
e Lorena Recarey Gómez
(ambos da cidade de A Coruña)
foran os gañadores.
|
|
|
O
xurado decidiuse por eles para o terceiro
posto solo por que "bailar entre
3 e máis complicado" xa
que Lorena estaba embarazada.
|
|
|
|
|
|
|
Tras a entrega
de trofeos do Concurso de Baile e antes de
que o Dúo Glamour dera comenzo
o seu segundo pase a Zarra do Monte quedouse
a escuras para que todos puideramos disfrutar dunha
curta pero intensa sesión de fogos de artificio.
|
|
|
Despois
da actuación dos Glamour ainda quedaba
festa, moita festa pois o derradeiro pase do Duo
Caramelo alongouse ata preto das cinco da madrugada.
Como traca final non podía faltar a Cantiga
para unha antroidada, o Himno oficial adoptado
do San Queremos cantada pola xente da comisión.
|
|
|
As fotos
de familia na compaña do noso Santo Patrón
si que poñián remate definitivo o SQ010.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fotos de familia, aló
a última hora
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Punto
e final o San Queremos 2010, a historia continua
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Preme
na flecha Ir
a para ver unha
completa reportaxe con fotos
e datos dos participantes premiados nos
distintos xogos e campionatos disputados
na edición 2010 do San
Queremos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|