A festa de merendas máis tola e orixinal do mundo mundial
Ano 2003Ano 2004Ano 2005Ano 2006
2002, ano II da historia do San Queremos, o día da festa foi o sábado 16 de Setembro.
Este foi un ano de grandes novidades, desaparecido o Lanzamento de Alpaca e grazas  a cabeza sempre ocurrente de Anxo, o dono do Pub Brevis en Arzúa ideamos o Iº Campionato Mundial de Sachojolf ou Sachojolfo (eran aceptados ámbolos dous nomes).
O xogo consistía en introducir un balón de fútbol sala en tres buratos (hoyos) pateando ou golpeando a bola con un sacho modificado, cortámoslle o mango para facilitar o golpeo da balón, había que facer un circuito composto por tres buratos, con un máximo de cinco golpes nos dous primeiros e de tres no derradeiro,
Os buratos estaban distribuidos o longo da carballeira co que as embocaduras estaban dificultadas por distintos obstáculos como carballos, matogueiras de toxos, desniveis do terreo etc, os gañadores do único Campionato Mundial de Sachojolfo celebrado na historia foron Aitor Quinteiro, de Pedrosa (Vilantime) en homes e Helena de Quinteiro de Sestao (Vizcaia) en mulleres, (todo quedou en familia).
O xogo foi todo un éxito pero desbotouse pois ocupaba demasiado tempo o que impedía o desenvolvemento normal do resto das actividades.
Os nenos eran quizás o máis esquencido en toda esta historia, así que pensouse en facer algo para os máis cativos.
Despois de darlle un montón de voltas decidimos facer o típico xogo de globos con premio que o neno ten que estoupar con un pao que leva un pincho no extremo e cos ollos vendados, Carlos o pequeno de Antonio de  Condés quería que lle meteramos reloxos, pero traballo de abondo nos daba meterlle caramelos, pequenos xoguetes e por suposto fariña, auga, ovos batidos e demáis líquidos molestos, bautizámolo como Globos Recheos.
Completaron aquel ano os xa coñecidos campionato de Arrebolamento de Sacho e o Torneo de Futbolín.
Outra novidade do 2000 foi que por primeira vez se fixo camiseta oficial do San Queremos, decidiuse facela cada ano de unha distinta cor (excluímolo branco), aquel ano escollemos o negro, o debuxo como vedes facía referencia o Campionato de Sachojolf e foi obra tamén de Anxo de o Pub Brevis.
A música do ano 2000 correu a cargo do Grupo de Gaitas Tradicional Castro Curbín de Santa María de Arzúa e da Charanga NBA (Non Bebemos Auga) de Betanzos da que forma parte o noso veciño Pepe de Campos, deuse unha anécdota moi simpática, un dos integrantes da charanga sentiuse indisposto hacia media tarde, o que daba boa fe da calidade dos productos (sobor de todo etílicos) que no San Queremos se degustan.
A derradeira novidade foi a elaboracíon de unha grande queimada que se serviu de xeito gratuito entre tódolos asistentes, pagamos a novatada pois a impaciencia da xente por probala fixo que esta saira un tanto brava.
Contacta con nos en:
vilantime@mixmail.com
Momentos fináis da festa do ano 2000, certos corpos xa non estaban para moitos trotes.