A festa máis tola e orixinal do mundo mundial
Ano 2003 Ano 2004 Ano 2005

A edición de este ano celebrouse Sábado 25 de Agosto.

As camisetas do 2001 eran de cor amarela, o que lle deron unha expectacular vistosidade a festa pois a mestura de este co verde da carballeira era moi chamativo, en principio a xente estaba reticente pois parecía unha cor moi chillona pero despois resultou todo un éxito e as camisetas esgotáronse incluso antes da festa.

A gran sorpresa chegou cando "Ovidio" meteu unha na lavadora, (a sus nai a pouco máis matao) a colada saíu completamente amarela, ¡¡Horror, Desteñían!!, as da talla XL deixaban a auga que mesmamente podía pasar por Fanta de Limón, pese a este inconvinte e como xa dixemos antes vendéronse todas.

O debuxo ao igual que o do ano 2000 era obra de "Anxo" do "Brevis" e intentaba representar un castro Celta no que aparecía incrustado o elemento máis significativo da festa, o sacho, ainda que a xente buscoulle mil e un significados, dende unha omega con sacho ata quen veía nel a unha persoa con un sacho posto no traseiro, se ti ves algunha outra cousa distinta que añadir a lista escríbenos a:

vilantime@mixmail.com
Debido a eliminación do "sachojolf" era preciso inventar algo novo para suplilo, cando xa estábamos a punto de tirala toalla pois a ninguén se lle ocurría nada e como case sempre pasa na nosa festa unha noite de copas a "Antonio de Rivadulla" (O Xastre) ocurríuselle o 1º Campionato Mundial de Tiro de Carro.

 

"Antonio de Rivadulla" (O Xastre) ideologo do Tiro de Carro e "Alberto de Curros" en pleno esforzo na primeira edición do campionato.

Os xa clásicos Arrebolamento de Sacho, Globos Recheos e o torneo de Futbolín completaron os xogos do 2001.
Fixémos tamén un maior desembolso económico  en pólvora que en anos anteriores, o que se transformou nun expectacular "Tumbo Pirotécnico", 70.000 ptas que arderon en 5 ruidosos minutos as 6 da tarde e que pillaron a todos por sorpresa pois non avisáramos a ninguén de que iba a ter lugar.

Pola noite fíxose unha pequena sesión con fogos de cores incluidos que foron gratamente acollidos polos asistentes.

Musicalmente foi o ano máis completo dos que se tiñan celebrado, repetía o grupo tradicional de gaitas "Castro Curbín" de "Sta María de Arzúa". A charanga "Xirimbao Bois" de " A Estrada" e o organista "Suso" de  "Boente" completaron o cartel.

Era a primeira vez que contábamos con músicos con amplificación o que nos obligou a poñer un escenario, así que nos púxemos mans a obra e construimos un con taboas de pino e cepos de carballo que nin o de a "París de Noia".

A queimada saiu bastante mellor que a do 2000, encargouse dela "Juán da Pontelema", un experto na tarefa de facer queimadas, estaba composta por 15 litros de augardente a que se lle añadiu a sua cantidade de azúcar, plátano, mazá e demais condimentos típicos.

O grupo tradicional de gaitas"Castro Curbín" animando o festexo
No noso intento de recuperar vellas tradicións acordámosnos que en outros tempos non había romaría que se preciase que non rematara en pelexa entre bandos de distintas parroquias así que contactamos con xentes de "Santa María de Arzúa" e acordamos celebrar de mañanciña, unha vez rematada a verbena a inevitable "Lea de peche de festa" bautizada como:" Vilantime VS Sta. María", e na que por suposto era preciso cumprir certas regras como por exemplo non facer fichaxes de outras parroquias, antes de comenzar esixiriase  a presentación do DNI.
Aplausos para a actuación de "Castro Curbín"
Os trofeos eran 2 caixas de cervexas para a parroquia gañadora e para a derrotada caixas de tiritas e frascos de alcohol que en caso de ser necesario debían compartir cos feridos dos gañadores, supoñemos que os de "Sta. María" acobardáronse pois pese a que parece ser que ata se chegaron a entrenar en outras romarías ainda estamos esperando por eles.
Paco, Teresa, Nazario, Sexto, Carlos Quinteiro, Ovidio e José Ramón Camiño. Carballeira da Zarra do Monte, sábado 25 de agosto do ano 2001, as seis da tarde máis ou menos, boa xente.