A festa máis tola e orixinal do mundo mundial
Ano 2002 Ano 2003 Ano 2005
Aquí tes o segundo capítulo do sucedido na carballeira da Zarra do Monte o 20 de agosto do 2004, para volver o primeiro dalle a frecha Ir a.
Capítulo 2
Capítulo 1

A media tardiña chegaba a hora de poñerse ao xugo na IVª edición do Campionato Mundial de Tiro de Carro, como ven se pode ver nas fotos de máis abaixo a expectación era máxima, no apartado masculino participaron 16 parellas, estableceuse un novo récord mundial logrado pola parella formada por Carlos Carril. (Filgueira - Vilantime) & José Manuel Montaña (San Miguel - Vilantime), 8 Seg. 59 Cent.

O anterior de 9 Seg. 38 Cent. Estaba en posesión de Carlos Quinteiro (Barros - Vilantime) & Luís de López (Pedrosa - Vilantime) que tamén este ano o superaron.

Na versión feminina participaron 4 parellas de tiradoras, ainda que no ano 2003 xa participara unha; Sheila Agra García (Santa María - Arzúa) & Patricia Rial Regueiro (Arzúa) consideramos a do ano 2004 como a primeira edición do Campionato Mundial de Tiro de Carro na sua versión feminina.

Así o récord mundial queda establecido en 14 Seg. 87 Cent., este está en posesión da parella formada por Mª José García Camino (A Coruña) & Ana Amboage García (Pela - Vilantime).

IVº Campionato Mundial de Tiro de Carro
Despois do esforzo no Tiro de Carro chegaba a hora de outro tipo de deporte, a charanga Tíralle do aire do Centro Cultural de Artes (Riveira) tocaba a primeira das suas pezas no San Queremos 2004 e quen máis e quen menos, cada un co seu estilo botáballe unhas bailas.
Baile o ritmo da charanga Tíralle do aire

Xa entrada a noitiña pasábamos a IIª edición do popular xogo das Carreiras de Sacos, deberíamos ter aprendida a lección dos erros do ano pasado pero de novo a celebración deste campionato foi un tanto caótica, nunha festa como e a nosa xúntase xente de idades moi variadas polo que nos costou moito definir como se ian a organizar os participantes nas distintas carreiras. Despois dun arduo debate por fin houbo un certo consenso.

Intentando evitar o problema do ano pasado co apelotonamento dos/as participantes na meta puxemos unhas distancias máis longas pero ainda así volveronse a formar uns monumentáis atascos que fixeron un tanto complicado o control de chegada dos participantes, despois de repetir incluso algunha proba chegouse a conclusión de que as clasificacións deberían quedar do xeito que na seccíon XOGOS podes ver.

En fín, haber si como ben di o dito a terceira vai a vencida e no ano 2005 se lle da posto remedio a semellantes cristos que fan das Carreiras de Sacos o xogos máis disputado, reñido e polémico dos que no San Queremos se practican.

Despois de tantos esforzos feitos nos xogos da tarde tocaba repoñer forzas pois ainda quedaba moito que mallar, a xente foise acomodando nas mesas espalladas pola carballeira e arremeteulle os manxares que quedaran do xantar, os da comisión non iamos a ser menos así que lle demos duro a empanada, rancho asado e o resto de platos que no menú tiñamos.

Coa paletilla de novo levantada era a hora de botar man do invento galego máis universal, na VIª edición do campionato de Futbolín participaron un total de 10 parellas, un ano máis a formada por Aitor Quinteiro e José Manuel Mariño foi a gañadora, e xa van 6 anos seguidos, de seguir esto así as 9 copas de Europa do Real Madrid van a ser unha minucia.

Polémica Carreira de Sacos

Mentres os integrantes do Trio Solymar que nos amenizarían a verbena ata altas horas da madrugada afinaban os instrumentos e as gorxas nos quentabamos as nosas coa habitual queimada que cando se achega a hora das meigas a comisión do San Queremos ofrece de balde a tódolos asistentes, imos ter que empezar a pensar en cambiar de pota na que a facemos pois actual xa se empeza a mostrar escasa.

Co espíritu, a mente e o corpo postos en condición tocaba bailar, o Concurso de Baile SQ04 resultou de novo un éxito, participaron 27 parellas, o xurado (popular) estaba composto por: Belén (??????????), Laura (?????????), Carlos Carril de Filgueira (Vilantime), Chús Quinteiro e Marita Iglesias (ambas as duas de Barros - Vilantime).

IIIª edición do Concurso de Baile SQ05
Despois de moito maquinar decidiron otorgarlle o 1º posto a parella formada por Abel Pintado e Maribel García, ambos da localidade asturiana de Langreo.
Jastando pista !!!! - Na 3ª foto, a parella nº 3 que quedou de 3ª clasificada recibindo as medallas

Unha vez rematado o Concurso de Baile SQ04 e aproveitando un dos descansos do Trío Solymar os nosos pirotécnicos particulares Jose Ramón de Camiño e Jose Manuel de Agra prendéronlle lume as diferentes caixas de fogos artificiáis que encheron de ruido e cores varias a carballeira da Zarra do Monte.

Cando os pes dos festeiros non podían máis os músicos decidiron poñerlle fin o baile, a inevitable Muñeira de Chantada indicaba que o San Queremos 2004 estaba a piques de rematar.

Ainda quedaba tempo para espetarlle os derradeiros cacharros e irse facendo a idea de que había moito que recoller, pero nos contentos pois o San Queremos acababa de superarse un ano máis.

Xente menuda no carro