A festa de merendas máis tola e orixinal do mundo mundial
Ano 2002 Ano 2003
Ano 2004 Ano 2005 Ano 2006 Ano 2007
Ano 2008 Ano 2009 Ano 2010 Ano 2011
Ano 2012 Ano 2013 Ano 2014 Ano 2015
O San Queremos fíxose realidade aló polo ano 1999, foi froito dunha idea que xa nos levaba dando voltas pola cachola dende facía moito tempo e ca que se intentaba recuperar un estilo de festa máis propio de tempos xa pasados.
A nosa intención era a de facer unha romaría diferente, amena e divertida que se saira da típica festa de ir a misa, pasarse toda a tarde sentados nunha mesa e verbena nocturna.
Queríamos tamén demostrar que non e indispensable facer un gran desembolso económico para facer unha romaría na que grandes e pequenos o poideran pasar "pipa" así que ideamos con este fin unha serie de actividades (xogos, músicas varias, comida campestre, participación veciñal ... etc).
Buscouse un sitio ideal para podelas levar a cabo baralláronse múltiples opcións pero ninguha nos convencía ata que demos coa Zarra do Monte, unha preciosa carballeira que se adapta perfectamente o que buscabamos e que de xeito desinteresado nos deixa a familia da Casa do Monte (sempre agradecidos).
Outro punto importante era a data do festexo, intentamos buscar unha que fora adecuada  a maior cantidade de xente posible.
Comenzouse facendoa en outubro pois aparte de que no verán non tiñamos moitas datas libres o presuposto que se manexaba non era mui alto que digamos e non podiamos facerlle competencia a outras festas que xa tiñan o seu sitio no calendario.
Pouco a pouco a cousa foi medrando e para favorecer a asistencia de xente fómola acercando cara os días de verán, no 2003 quedou fixada definitivamente no terceiro sábado do mes de agosto. As datas ata o de agora foron as que seguen:
O 2 de outono no 99, o 16 de setembro no 2000. A partires deste ano xa foron todas en agosto, o 25 no 2001, 31 no 2002, o 23 en 2003, o 21 no 2004, 20 en 2005, 19 en 2006, o 18 no 2007.
En 2008 celebramos o Xº aniversario, caeu a 23 de agosto. A do 2009 foi o 22. En 2010 será o 21 de agosto.
Preciosa tamén no inverno
Agora xa só nos faltaba poñerlle un nome, e aquí o gran dilema, despois dun arduo debate Xosé Manuel (Nazario) dixo:
- ¡¡¡San Queremos !!! -
-¿Por que?
- ¿Que e o que queremos?
- Festa !!!
- Pois eso, "SAN QUEREMOS".
Xa o tíñamos casi todos os ingredientes do pastel, so faltaban os festeiros. Era a hora de que esto puxera en marcha.
O longo de todos estes anos non paramos de darlle voltas o cerebro intentando buscar novas actividades que fixeran atractivo e distinto o festexo.
Unha carballeira e un carro a espera de romeiros
O primeiro ano dentro dos xogos ocurríusenos o Campionato de Arrebolamento de Sacho, o Torneo de Futbolín e o Lanzamento de Alpaca, que foi efímero pois só se fixo ese ano, o xogo consistía en que o concursante debía botar o máis lonxe posible unha paca de herba seca previamente plastificada para que esta non se desfixese no primeiro lanzamento, o gañador daquel primeiro e único campionato de Lanzamento de Alpaca foi Pablo Adán Seoane (Pablo de Rapela) da aldea de Pedrosa (Vilantime).
O Lanzamento de Alpaca desbotouse pois parecíanos moi similar ao Arrebolamento de Sacho.
Ese primeiro ano gastamos 8000 ptas en pólvora e contamos coa actuación da charanga Os Amigos de Visantoña que tocaron todo o día por 65.000 pesetas das de antes, algo impensable nos tempos que corren.
vilantime@mixmail.com
Non dubides en escribirnos, a nosa dirección e: