Estes son outros sitios da Internet que a comisión do San Queremos recomenda, se tes algún que añadir so tes que escribirnos que nos poñerémolo con moito gusto.

Esta dirección lévate a páxina do gran templo do rock na comarca da Montaña, o GATOS está na rúa Galicia nº 21 en Melide.

Un ambiente acolledor nun dos poucos locáis da zona no que se pode escoitar a mellor música rock en tódalas variantes, por si esto fora pouco caña ao vivo os venres e algún sábado, ¿¿¿¿Pódese pedir máis????

PUB GATOS - MELIDE * (1:00 Horas) *
Web da Asociación cultural e veciñal Alverde de San Román, parroquia lindante a de Vilantime nela poderáste enterar das múltiples actividades e iniciativas que levan a cabo.
Tamén contan con un interesante blog no que principalmente nos describen cousas sobre tempos pasados da parroquia de San Román e das terras limítrofes.
Por último decir que andan polo Facebook así que si tes conta nesta rede social podes facerte amigo deles, búscaos como Asociación Alverde San Román.

Interesante blog aloxado en arzuacidadan.net pportal auspiciado polo Concello de Arzúa e a traves do cal as asociacións e entidades municipais poden dispor do seu espazo web propio para crear e difundir as súas propias noticias, o blog de Gonzo encárgase de contarnos a historia do noso concello.

O 17/01/2008 publicaron "A conquista romana na comarca de Arzúa 1 - PELA - ISO; unha orixe romana" donde se conta as orixes de Pela, aldea de curioso nome da nosa parroquia, non deixes de pasarte polo blog de Gonzo pois un pobo non debe esquenzerse nunca de donde ven.

O 23/05/2008 publicaron "VILANTIME, A VILLAE DUN GREGO" ¿Pasouche pola cabeza algunha vez do donde sae o nome da nosa parroquia? Pois tenche unha historia ben interesante, o Blog de GONZO sempre involucrado coa historia do noso concello explícanolo.

O Dúo Caramelo está formado por Sandra Bouza e Jorge Vázquez, son de Fene aló por terras de Ferrol, teñen como aliciente que usan o acordeón nas suas actuacións algo moi pouco habitual neste tipo de formacións. Actuaron no SQ os anos 2009 e 2010.
Raquel Fontán Castaño e natural de Iria (Padrón) e Xoan Luis Buceta Potel e de Campaña.(Valga), levan dende os 15.anos enriba dos escenarios tocando e cantando en directo con orquestras.
Coñeceronse aló polo ano 1995 na orquestra Tauro. No 2000 decidiron xuntar as suas forzas e foi entón cando naceu o Dúo Master.
Raquel e profesora de canto, participou en duas edicións do Festival da Canción de Padrón, Juan formóu parte da Banda de Música de Valga. Agora son solista e pianista/voz respectivamente do duo en cuestión.
Viñeron por primeira vez ó San Queremos no 2007 e a pesar de que estaban a pasar un duro momento fixeron unha actuación memorable, Raquel e Luis estiveron con nos tódolos anos dende o 2007 ata o 2010. En 2011 darémoslles un merecido descanso.
Tes un feixe de fotos do Duo Master na sua páxina Web.
Asociación Cultural fundada o 12 de abril de 1994 na parroquia de Vilariño, Concello de Agolada (Pontevedra). O seu grupo de gaitas tocou por primeira vez e con gran éxito no San Queremos do 2007, volvemos a contar con eles nas edicións 2008, 2009 e 2010. Si buscas música tradicional para animar a tua festa esta e a tua xente.
Na sua Web tes todo tipo de información sobre as suas actividades, fotos e moitas outras cousas máis.
Esta dirección corresponde o Blog de Riki, un autentico crack de Melide e bon amigo do San Queremos, nel trátanse temas do máis diverso. Anímate a visitalo e deixa as tuas opinións sobre calquera das cousas que o colega Riki saca a palestra.

Grazas a esta inxeniosa viñeta demos coa páxina dunha xente de Becerreá (Lugo) coa que estamos a facer moi boas migas, o primeiro dos tres enlaces lévate a ela. No seu foro (segundo enlace) teñen un apartado chamado Caixón Desastre que ten infinidade de cousas curiosas, si queres pasar uns momentos divertidos botalle unha ollada.

Alí alguén colgou un tema que leva por titulo Venta por Ebay, a historia empeza coa mencionada viñeta, das patacas vai pasando o sacho para rematarmos falando do noso Campionato Mundial de Arrebolamento de Sacho, no mesmo post un dos foreiros sacou a sua versión particular dunha das fotos sacadas no campionato do 2006 (clik nela para vela mellor).

Para entender o significado do que di a personaxe central da foto tes que ver o post enteiro (terceiro dos enlaces).

Páxinas de duas das máis potentes bandas da escena musical galega, ambas coincidirón na XXIV edición da FESTA DOS BOTES que se celebrou en Arzúa durante o segundo fin de semana de agosto de 2006.

.Os Ruxe Ruxe comprometéronse a recuperar o tema Fraile o que .non baile que facía moito que non tocaban para o concerto dos Botes e adicarllo a xente do San Queremos, temos que decir que cumpliron, vimos de disfrutar dos mellores BOTES dos derradeiros tempos.

Páxina oficial do noso concello, nela podes atopar todo tipo de datos, actos e información sobre o día a día da casa do concello de Arzúa.

Este enlace lévate a parte quizás máis interesante da Web do concello, o Catalogo virtual de Arzúa.

Aquí podes ver información sobre os recursos do patrimonio histórico-monumental, paisaxísticos e medio ambientais, tamén recolle un inventario das infraestruturas e equipamentos culturais e deportivos, da oferta de hostalaría, restauración e de lecer, ademais de información referida a eventos festivos, feiras e certames que se celebran no noso concello.

Está clasificado por parroquias, entre as referencias de Vilantime encóntrase o noso San Queremos e o Campionato Mundial de Arrebolamento de Sacho.

Agrupación folclórica "CASTELO" fundada no ano 1992 en Melide no eido da Asociación Catasol funciona como ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL GALEGA onde se imparten ensinanzas de baile, canto e músicas tradicionáis recuperadas en diferentes zonas da xeografía galega.
Entre os actos que organizan destaca a FOLIADA DE MELIDE que cada ano celebran no mes de abril, en 2010 chegouse a sexta edición.
Conta con infinidade de actividades tales como exposicións, obradoiros, mostra de artesanía, conferencias ou concertos ao vivo. Quizas o máis destacable de todo e a Marcha Gaiteira, na que participan distintas agrupacións que se pasean polas distintas ruas da vila. Outra das actividades destacadas e o seu xa famoso Concurso de Cantos de Taberna.
Presidindo o stand do gran Ramón Villar atopábase o noso Santo Patrón, moitos foron os que lle preguntaron polo seu prezo, a sua resposta: ¡¡¡ Esto non ten prezo, amigo !!! Na marcha gaiteira participou o grupo de gaitas Bico da Balouta, vellos amigos do San Queremos.
Outros que tamén Arrebolan o Sacho
Bueno, máis que o Sacho o que arrebolan e unha Sacha e visto o xeito que teñen de facer os lanzamentos a eleccion do artefacto a lanzar e axeitada.
Sandoval de la Reina e un pequeno pobo situado no noroeste da provincia de Burgos, dende o ano 1999 e nas suas festas de verán (fináis de agosto) organizan o Campeonato Internacional de Lanzamiento de Azada, curiosamente empezaron no mesmo ano ca nos.
Tal e como mostran as imaxes teñen unhas regras cando menos curiosas, pretendese evitar danos no público, ainda que a integridade do que arrebola pode correr certos riscos.
Mónica, Webmáster desta páxina definea como a oficial ou non (segundo quen o mire) de Velilla de Valderaduey, Velilla e un pequena vila da Terra de Campos na provincia de León e na que cada 1º fin de semana de agosto celebran o San Queremos.
Creíamos que o noso patrón era único e resulta que xa antes outros tiveran a mesma idéa, lévana facendo dende 1988, na sección FIESTAS da Web pódeste facer unha boa idéa de que xeito celebra esta xente o seu San Queremos.
Haberá que ir propoñendo un irmanamento entre @s sanqueremeir@s de Vilantime e @s de Velilla de Valderaduey.
Páxina de unha xente de Vila de Cruces, organizadora do rali máis curioso e orixinal da Galiza, o I Rali de Carretillas Coidado que volcas, encadrado dentro das actividades das festas da Piedade 2006 celebradas na vila pontevedresa aló a primeiros de agosto, proba na que participou a xente do San Queremos tal e como amosan as imaxes da esquerda.

Quedamos clasificados no posto de 15 participantes e acadando un total de 7 puntos, un posto máis ca meritorio pois a nosa idea era so presentar a carretilla o concurso tuning e fixémola bastante pesada, posiblemente a que máis pesaba de tódalas que competían, eso si, a nosa escudería San Queremos Carretillos Team levou unha mención especial polo nutrido grupo de xente que acompañaba os competidores.

No ano 2007 disputouse IIº Ralie de Carretillas Coidado que Volves Volcar pero por desgraza e ainda que tiñamos o noso bólido preparado non atopamos ningún Alonso ou Hámilton disposto a pilotalo así que usamos a carretilla para levar a nevera chea de frescos quintos.

En 2008 foinos imposible acudir, en 2009 ainda que fixemos acto de presenza non corremos.

4 anos despois do primeiro rali e outra vez de verde volvemos a participar, nesta ocasión con unha taxi-carretilla que nos deixou a organización, acadamos un meritorio 4º posto de un total de 9 bólidos participantes.
Acudimos acompañados do noso Santo Patrón o que lle fixeron infinidade de fotos.
Na páxina web desta xente tes entre outras cousas moitas fotos do evento. Nalgunha delas aparece a xente do San Queremos Carretillos Team.
Haber si a non moito tardar preparamos para a sección CURIOSIDADES unha reportaxe máis extensa sobre tan curioso e divertido rali.
Web de Non hai fallo, o trío de contachistes máis famoso da bisbarra, Juan, Moreira e Victor. Si tes a oportunidade de ver o seu espectáculo en algunha das moitas festas na que actuan non os perdas, risas aseguradas.

Nesta páxina podes ver imaxes aereas de calquera parte da Galiza, unha vez que se lle colle o tranquillo ó programa resulta moi doado de manexar, tes dous xeitos de localizar o que buscas no visor SIXPAC:

  • 1: A traverso do botón BÚSQUEDAS (representado por uns prismáticos), aquí tes que poñer as referencias identificativas do que estas a buscar que normalmente coinciden coas referencias do catastro, unha vez introducidos os datos aparecerache directamente a fotografía, un exemplo práctico: Introducindo os seguintes datos; Provincia: 15 (A Coruña), concello: 6 (Arzúa), polígono: 75, Parcela: 50 a carballeira da Zarra do Monte, lugar donde celebramos o San Queremos aparecerá no teu ordenador.
  • 2: Mediante aproximacións sucesivas da imaxe (lupa +) visualizando primeiro unha zona ampla que coñezas e logo desplazandoa e aumentando a imaxe ata chegar o que se busca, evidentemente usa este sistema cando non sepas as referencias da parcela que estas a buscar.
Na imaxe da esquerda parte de Vilantime, nas elipses vermellas as aldeas de:
A
Aquel Cabo
B
Barros
C
Pedrosa
D
Pela
E
Volteiro
F
Montelongo
Si fas click na imaxe podes vela ampliada, para vela sin elipses nin letras prémelle o botón de máis abaixo, na esquina superior esquerda a Zarra do Monte, escenario de gran beleza para o San Queremos.
Para ver fotografías ou planos de outras partes do estado (incluida Galiza) podes usar a seguinte dirección:
Ademais de poder ver fotos aereas de calquera parte da Galiza e o estado ten outras moitas utilidades como poder medir superficies e distancias coa ferramenta regra ou imprimir os datos coa foto correspondente de calquera finca que se precise.
Páxina da mellor cervexería da comarca, "Estrella Galicia" en cubas, única bolera americana das terras da montaña, concertos, exposicións e mil actividades máis, a cabeza de Xaime (o propietario) nunca descansa. Un sitio acolledor, descubreo, en Melide.
A páxina web La Ganzúa e posiblemente a máis completa en canto a música se refire, nela pódeste enterar de todo o que se move en torno a mellor música pop-rock-héavy etc.