A festa máis tola e orixinal do mundo mundial
Nota: O punto vermello nas imaxes indica que estas se poden ver ampliadas dándolles un click.
Páxina aloxada en guebs.com, Hósting profesional de calidade e fácil de usar a prezo dun cacharro no pub da esquina.
Especial sobre os efectos que o temporal do pasado 23 de xaneiro deixou na parroquia de Vilantime.
- ¡¡¡ ATENCIÓN !!! -
Páxina optimizada para unha configuración de pantalla a 1024 x 768 pixeles.
48 horas e 15 minutos, a longa viaxe do noso particular Prestige.
20:45 do venres 23 de xaneiro de 2009, no medio dunha impresionante galerna a escuridade apoderase da pequena parroquia de Vilantime, poucos imaxinábamos a longa e tortuosa travesía que por diante nos quedaba.
As primeiras luces da mañán amosan unha parroquia patas arriba, non había camiño que non tivera a sua ración de arbores ou artefactos varios cortando o paso, pouco a pouco e coa escasa axuda das autoridades foise abrindo paso.
Resulta que a liña de media tensión que atravesa a nosa parroquia (ainda que nos chamámoslle a da alta) e que ben do cercano encoro de Portodemouros (a 4 km escasos) está polo chan pois dous dos enormes postes de formigòn que a sustentan foron vítimas da ira do deus eolo que os retorceou como si de papel de fumar se tratase, non sabemos si están o tanto pois non pasou ningún representante da compañía eléctrica por alí.
Vai pasando o día e coma de todos e sabido despóis do día soe vir a noite e con ela de novo a escuridade, ¿E non virá a lus oh? Pola radio, único enlace donde saber o que pasa no mundo exterior dan a solución para acabar coa penumbra, disque chamando o 901404040.
Teléfono de atención al cliente de Unión Fenosa, estamos muy ocupados en breve le atenderemos. No movil sona música clasica e despois Luz Casal síguelle Dire Straits e incluso uns rockeiros ben cañeros, e vai e non se me acaba o saldo. 12 minutos despois e con 15 € menos no peto alí estaba eu irremediablemente abocado a unha nova noite de escuridade.
Os destrozos no que respecta as obras civís foron variados, chimeneas e antenas de televisión polo chan ou algún que outro invernadoiro arrasado. Sin dúbida o máis grave foi que o vendaval levou por diante a práctica totalidade da cuberta da granxa de Alfonso Orois na aldea de Pedrosa.
Unha expontanea marea solidaria extendese pola parroquia a xeito de grupos electróxenos particulares que van de casa en casa pois resulta que as vacas hai que muxilas duas veces tódolos días, moito deste leite houbo que tiralo pois a falta de electricidade fai que unha vez muxido non se poida enfriar como e preceptivo.
Impresionante aspecto dos escasos 100 metros que separan a aldea de Pedrosa e a sua fonte. na 3ª foto vemos unha plantaciòn de eucaliptos no Rego do Anido que ata ese día estaban perfectamente alineados, sobran os comentarios.
Volve a ser de día e a nosa liña de medía tensión sigue alí no chan sin que ninguén lle faga caso, a parroquia vólvese a encher do runrún dos xeradores muxindo vacas.
Mira ti que mala sorte, resulta que estamos en tempo de matanzas e os conxeladores están a tope de costilletas e viandas varias que empezan a poñerse blandas por falla de frío, houbo que falou de facer a "Festa gastronómica da carne desconxelada" que de seguro sería un éxito, pero optamos de novo polos xeradores solidarios.
¿Alguén recoñece este sitio? Admítense apostas. Estamos na pista que vai da carretera de Maroxo cara a Zarra do Monte (escenario do San Queremos), presenta un estado escasamente transitable.
Foi pasando o día 2 e vendo que a liña de media tension seguía alí abandonada a sua sorte tocaba poñerse unha vez máis a pasear os grupos electróxenos polas granxas adiante.
E foi entón 48 horas e 15 minutos despoís da chegada da penumbra que de súpeto se nos encendeu a bombilliña, e digo eu non puido ser un par de horas antes oh???
Raices o aire, montes arruinados
Os xeradores solidarios xa fixeran boa parte do seu traballo e a tal hora xa estaban destinados a amosarnos o R. Madrid - Deportivo que daban pola TV.
Descoñezo como o lograron pois a luz veu sin que á nosa querida liña de media tensión ninguén lle puxera a mán encima, o que fai pe a pregunta. ¿Costaría tanto habelo feito antes?
Como pasou fai uns anos na costa galega a marea solidaria tíñalle gañada a batalla o barco errante, ¿ou quizás non? Alí un pouco mais abaixo vexo que a parroquia de Visantoña siguen precisando dos solidarios xeradores. Pois será cousa de acudirlles pois a liña de media tensión (que tamén e a deles) sigue ahí tan sola como estes dous días pasados.
Ainda a día de hoxe cando pasou unha semana do temporal quedan casas en Galiza sin corriente electrica, esta mesma semana a compañía eléctrica Unión Fenosa presentaba unhas contas con un superavit de 1200 millóns de €, que vergoña.
O xigante e vello derrotado
Un caso ben curioso e o de este centenario castiñeiro que estaba na Regada, curioso por que nesa zona apenas causou destrozos o temporal e que este se encontraba nun sitio bastante protexido, chama tamén a atención que caeu en dirección contraria a que soplaba o vento.
A barbaridade arrasada
Chama tamén a atención o estado no que quedou o pinar que está en A Penela, e o cadrado oscuro que podemos ver na imaxe do SIXPAC no centro das distintas aldeas da parroquia.
Esta desafortunada plantación de pinos no medio das leiras sufriu especialmente a forza do vento, o máis curioso do caso e que exteriomente apenas se ve afectado sin embargo o interior está totalmente destrozado, as imaxes falan por si solas.
Despois de tanta desfeita a parte positiva está no campo da festa do noso San Queremos, que a escasos 200 metros de zonas totalmente arrasadas non sufriu dano algún.
Outro efecto positivo do temporal (esta e unha opinión personal miña) foi a destrucción do pinar da Penela pois barbaridades como esta no medio de prados e labradios aparte de ser unha aberración paisaxistica levan a ruina a xa maltreita situación ecónomica do rural galego.
Por sorte a día de hoxe a lei prohibe que se cometan este tipo de actuacións, outro día falaremos de casos parecidos que se dan na nosa parroquia (que non son poucos).
Para darnos ideas, suxerencias, colaboracións ou simplemente pońernos a parir páranos pola rúa ou escríbenos a:
Estas son as capillas, garitos, locais de culto e sitios do máis variado estilo nos que pasamos a maior parte das nosas vidas a comisión de festas do San Queremos.
En calquera deles estarás como Dios