Os do San Queremos na Festa do Viño da Ulla ( San Miguel de Sarandón)

Descubrimos a Festa Do Viño Da Ulla por casualidade, era un xa lonxano sábado 13 de abril de 1996, foramos a Vigo o concerto de Extremoduro, por aquel tempo viñan presentando Agila, o disco de máis éxito da banda, traían de teloneiros a Platero y Tú, outros míticos xa desaparecidos, (voltade por favor), o concerto fora na tamén desaparecida sala Óxido.

Despois de estar toda a noite de carallada e xa pola mañán tomando uns vermús na terraza de unha cafetería na que se estaba como dios pois o día era expléndido e daba ben o sol vimos no Faro de Vigo que en certa parroquia do concello de Vedra (San Miguel de Sarandón) había unha festa que a xulgar polas fotos que no xornal aparecían tiña moi boa pinta e na que por encima había viño de valde, non o dubidamos, coma foguetes saimos ata as terras do Ulla.

XVI edición - 14 - Abril - 1996
De aquel ano 1996 so temos esta foto que nos fixo un paisano con unha cámara que debía ser máis vella ca Matusalén, (que por certo, non temos nin idea de quen ese tal Matusalén) e pola que nos cobrou 300 pesetas das que había antes.
XVII edición - 13 - Abril - 1997

En 1997 volveu a facer un expléndido día que invitaba a disfrutar do viño, foi o primeiro ano que a charanga NBA do noso veciño Pepe de Campos tocaba na festa , dende aquel ano e en tódolos que actuaron sempre nos dedicaron unha peza, os dous anos que actuaron no San Queremos contratámolos nesta festa.

XVIII edición - 19 - Abril - 1998

No ano 1998 ao igual que pasou no 2004 e debido a que coincidía o segundo fin de semana de abril coa Semana Santa cambiárono para o 3º domingo de mes, de ese ano non temos entrada por que pola mañán chovía a cántaros e ata que pola tarde despexou un pouco non nos decidimos a ir, a partires de certa hora xa non cobran entrada.

A pesares de que cando chegamos xa eran as 6 da tarde non desaproveitamos o tempo e démoslle duro, se compras un xerro que os da organización venden podes ir a enchelo as veces que queiras os palcos circulares que en algunha fotografía se ven, como o mal tempo non invitara a acudir a moita xente ainda quedaba moito viño e non era plan deixalo alí asi que a chea foi importante.

XIX edición - 11 - Abril - 1999
Tódolos anos mercamos bonitos sombreiros, en 1999 unhas expectaculares Txapelas vascas, tornaban do sol de moito carallo.

A festa celébrase dentro do recinto dun serradero, de ahí as pilas de taboas que se ven na 1ª foto de este ano, durante todo o día teñen infinidade de actuacións, charangas (no 99 de novo a NBA), grupos rexionáis, paisanos que contan chistes, e unha orquestra que toca máis ou menos ata as 10 da noite pois a partires de esa hora nin para bailar quedan forzas.

Na terceira fotografía aparece Pepsi, un colega de Arzúa que ven cáseque tódolos anos connosco, como en todas as festas de este tipo hai infinidade de chiriguitos nos que te podes atopar calquera cousa, algunhas non moi baratas por certo.

XX edición - 9 - Abril - 2000

Do ano 2000 e do único do que non temos imaxes, ese ano a choiva acompañou ata media tarde o que desluceu a festa, viñera connosco Pablo, o irmán de Nani, dono do Pub Gatos de Melide, un tipo xenial co que non te paras de rir e que fixo das suas durante todo o día.

O día de 19 de marzo de ese ano celebrábase en Melide a 1ª edición do Trece Gatos Rock, un festival organizado conxuntamente polo pub Gatos e a cervexería O 13 e no que a xente de Vilantime tamén botábamos unha man, así que ese día fixemos unha pegada masiva de carteis no campo da festa, non houbo chiringuito en toda a romaría que non pisáramos, outra chea histórica.

XXI edición - 8 - Abril - 2001

Ano 2001, facía un sol de carallo, na 1ª foto estamos na gasolineira de Arca, uns a botar gasolina e todos a pillar latas de fría cervexa.

Pese a que o Trece Gatos Rock do 2000 economicamente non foi positivo os organizadores decidiron repetir, así que aquí estábamos nos facendo campaña de novo, cáseque todos coa camiseta do 2001, a data escollida para ese ano sería a do 14 de abril, desgrazadamente o resultado de novo volveu a ser deficitario e esa sería a derradeira vez que se celebrou, unha magoa pois a idea era boa.

Este ano viñeron connosco Nani do Gatos (na 3ª foto co cartel na man) a su muller (o seu carón) e a filla de ambos, Andrea, ela non probou o viño (que conste!!!).

XXII edición - 14 - Abril - 2002
Primeira entrada en Euros
Vista xeral, cheo absoluto
Sen Comentarios

No ano 2002, fixemos patria pois os da comisión acudimos coas camiseta amarelas do ano 2001, algúns foron de empalmada e costoulles bastante aguantar.

Un moi sedento
Xerros, quintos e festeiros.
XXIII edición - 13 - Abril - 2003
Con Pepe de Campos, veciño de Vilantime
Festa e baile rachado coa supercharanga NBA, un ano máis
Como de costume, repaso as botas

Como xa dixemos antes se mercas un xerro podes ir ós palcos circulares a encher cantas veces queiras, o que non se pode facer e botar no xerro dende as botas que hai colgadas nos carballos (e decimos botas por que hai duas), pois teñen uns vixiantes que che botan a bronca máis que rápido.

Xa sabes, si vas a festa nas botas so se bebe a catalana.

Pois iso que os da comisión do San Queremos recomendámosche esta festa de xeito especial pois teñen actividades para tódolos gustos e idades.

Ano 2004
Ano 2005
Ano 2006
Ano 2007