XXXI Festa do Viño da Ulla - San Miguel de Saradón - Domingo 10 de abril de 2011
Un ano máis e xa van 16 ininterrumpidos os do SQ deixámos pegada na Exaltación do Viño da Ulla, xornada festeira do máis completiña, aquí tes o repaso fotográfico do noso paso por tan potente festexo.
Vémosnos na XXXI EXALTACIÓN DO VIÑO DA ULLA
XXXI Festa do Viño da Ulla - San Miguel de Saradón - Domingo 10 de abril de 2011
¡¡¡¡ 16 anos e subindo !!!!
10/04/2011 - Festa do viño da Ulla - La madre de tódalas fiestas (co permiso dos Botes, o San Caralampio e o San Queremos).
Como cada ano polos principios de abril chega a data de outra das citas indispensables na axenda festeira da xente do SQ, por decimosexto ano consecutivo os do San Queremos estivemos en San Miguel de Sarandón na XXXI Festa do Viño da Ulla.
Sempre cae co domingo da segunda semana do mes de abril.
Dende o pasado 2009 a entrada pasou a ser de balde, ata entón cobraban unha pequena cantidade de cartos (3 € en 2008) por entrar o campo da festa, parece que non notan a tan cacarexada crisis e agradécese, o diñero este pasará a ser canxeado por unhas boas Estrella Galicia no sempre presente Bar María del Pilar y Luz.
Descubrimos a Festa Do Viño Da Ulla por casualidade nun xa lonxano sábado 13 de abril de 1996, foramos a Vigo o concerto de Extremoduro, por aquel tempo viñan presentando Agila, o disco de máis éxito da banda e traían de teloneiros a Platero y Tú, outros míticos xa desaparecidos, (voltade por favor).
Despois de estar toda a noite de carallada e xa pola mañán tomando uns vermús na terraza de unha cafetería na que se estaba como dios pois o día era expléndido e daba ben o sol Pepsicolo viu no Faro de Vigo que en certa parroquia do concello de Vedra había unha festa que a xulgar polas fotos que viñan no xornal tiña moi boa pinta. Non o dubidamos e coma foguetes saimos cara as terras da Ulla.
Festa do Viño da Ulla, 16 anos de moita carallada :
14 - Abril - 1996
13 - Abril - 1997
19 - Abril - 1998
11 - Abril - 1999
Do ano 2000 e do único que non temos fotos.
8 - Abril - 2001
14 - Abril - 2002
13 - Abril - 2003
18 - Abril - 2004
O máis representativo da romaxe son as duas botas xigantes penduradas de sendos carballos, alí o sedento romeiro pode beber de balde todo o viño que queira, eso si so está pemitido beber a catalana ainda que a pesar das reprimendas dos seus vixiantes hai quen bota delas para o xerro.
Para botar nos xerros tes que ir ós palcos circulares nos que tamén de balde serviranche uns xeneroso grolos de fresco viño da Ulla.
10 - Abril - 2005
9 - Abril - 2006
15 - Abril - 2007
13 - Abril - 2008
Esta e a sua páxina Web:
5 - Abril - 2009
11 - Abril - 2010
Pois eso que en San Miguel de Sarandón celébrase a Festa do Viño da Ulla, moitos alicientes ten esta romaxe, boa música, entrada libre, multitude de actividades, un marco incomparable pero o mellor e que dan viño de balde durante todo o día. Se xa estiveches xa sabes o que alí se coce, se nunca fuches non sabes o que te estas perdendo.
Estas son as capillas, garitos, locais de culto e sitios do máis variado estilo nos que pasamos a maior parte das nosas vidas a comisión de festas do San Queremos.
En calquera deles estarás como Dios