XXVIII Festa do Viño da Ulla
San Miguel de Sarandón - Domingo 13 - abril - 2008
E foi nesto que chegou a segunda fin de semana de abril e con ela "la madre de todas las fiestas".
Este ano decidimos mudar a estratexia no desplazamento cara San Miguel de Sarandón, ata non fai moitos anos era raro ver un control de alcoholemia nesta festa pero ultimamente o raro e que non se poñan, a grandes males, grandes remedios; alugamos un autobús evitando así desagradables desgustos no camiño de volta. Para abaratar a cousa fixemos peña coa xente de A Mella, outros habituáis desta festa.
Así que a alianza formada polas parroquias de A Mella e Vilantime partiu dende o Bar Manolo de Arzúa a bordo dun autobús de Autocares Frade, contra a unha e media da tarde traspasábamos a fronteira do maravilloso mundo da XXVIII Festa do Viño da Ulla.
Tocou tempo revolto (metereoloxicamente falando) e cando o tempo non e mui bon os efectos colateráis do viño da Ulla fanse mais notables que cando fai sol, o motivo, pois que se chove menos xente e por conseguinte máis viño por persoa e non e cuestión deixalo alí polo que o estado físico e mental de algún que outro festeiro a certas horas era un tanto cuestionable.
Paso 1 e obligatorio: mercar o xerro oficial da festa do viño, este dache dereito a beber de balde todo o día. Músicas: Pandereteiras da asociación folclórica Colexiata do Sar e Charanga Os Celtas de A Baña (Negreira).
Cando a sesión vermú estaba no seu maior apoxeo caeu o trebón da xornada momento que aproveitamos tanto nos como a maior parte dos romeiros para meterse debaixo dunha das numerosas carpas a desfrutar dun bo xantar.
Hora de xantar: Pulpo,churrasco e por suposto ¡¡Viño da Ulla!!
7 de A Mella e 1 de Vilantime
Listado de festeiros - Sección Vilantime -
Festeiro nº 1
Festeiro nº 2
Festeira nº 3
Festeiro nº 4
Festeiro nº 5
Festeira nº 6
Festeiro nº 7
Festeiros nº 8 e 9
Festeiros nº 8 e 9 (bis)
Listado de festeiros - Sección A Mella -
Festeiro nº 1
Festeiro nº 2
Festeiro nº 3
Festeira nº 4
Festeira nº 5
Festeira nº 6
Festeiro nº 7
Festeiro nº 8
Festeiro nº 9
Bueno pois isto non da para moito máis, como xa dixemos o principio os caldos da Ulla fixeron estragos entre varios dos romeiros desplazados entre eles estivo o encargado desta reportaxe, en calquera caso queda suficientemente demostrado o expectacular ambiente que nesta festa se vive.
Pese o mal tempo Sarandón volveu a encher de personal ávido de festa (Foto 1). A camiseta do San Queremos que non falte (Foto 2). Haber, ¿Estamos todos? Que vai sendo horas de ir recollendo (Foto 3).
A derradeira foto foi publicada por El Correo Gallego o luns 14 e corresponde a nova que saca o xornal en referencia a esta festa, na esquina superior dereita aparece parte dos expedicionarios dende A Mella alí chegados. O seguinte enlace levate directamente a mencionada nova.
Pois que xa nos está tardando a edición do 2009, si non hai sorpresas debería ser o 12 de abril, queremos agradecer a comisión de festas (en especial a Jose Caldelas) o bon trato que ano tras ano teñen con nos. Nos botóns de máis abaixo tes as nosas andanzas de anos anteriores por Sarandón.
De 1996 a 2003
Ano 2004
Ano 2005
Ano 2006
Ano 2007
Ano 2009